Inicio > Ayuntamientos > - COMARCAS -

Deputación desenvolverá 500 entrevistas para analizar as necesidades dos servizos de atención ás persoas nas comarcas da provincia

por VM - 23/05/2009

A Deputación de Pontevedra desenvolverá no curso do vindeiro mes de xuño un total de 500 entrevistas persoais a usuarios das dez comarcas da provincia co gallo de coñecer a situación actual dos servizos de atención a persoas existentes e a súa valoración como beneficiarios das mesmas.

Estas entrevistas, englobadas dentro do Pacto Local de Emprego Provincial que promove o organismo provincial, no marco do proxecto Aquelando 2, desenvolveranse como parte dun intensivo traballo de campo co que se pretende, dunha banda, analizar a situación actual e as necesidades existentes na oferta de servizos de atención a persoas, e, doutra, coñecer de primeira man a valoración que os usuarios fan dos servizos e recursos ó seu alcance.

Paralelamente a este traballo de campo, estase a elaborar tamén un inventario dos recursos e servizos de atención a persoas existentes na actualidade na provincia de Pontevedra. A información obtida nestes procesos estará recollida no Pacto Local de Emprego Provincial, que permitirá coñecer as directrices e prioridades estratéxicas que guiarán o desenvolvemento futuro dos servizos no eido da atención ás persoas en Pontevedra.

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com