Inicio > Ayuntamientos > - COMARCAS -
Entre outras personalidades, asistiron o presidente da Xunta, varios conselleiros e autoridades e Mariano Rajoy, neto dun dos homenaxeados

A Deputación de Pontevedra nomea de Filgueira Valverde como fillo predilecto da provincia e de Rajoy Leloup como fillo adoptivo

por VM - 19/05/2009
 
Alberto Núñez Feijóo e Rafael Louzán cos fillos dos premiados. PABLO BLANCO.

A Deputación de Pontevedra  acolleu onte o acto de nomeamento, a título póstumo, de Xosé Filgueira Valverde como Fillo Predilecto da provincia e de Enrique Rajoy Leloup como Fillo Adoptivo de Pontevedra. O acordo de concesión das devanditas distincións foi adoptado, de xeito unánime, polo Pleno da Corporación Provincial na sesión celebrada o pasado 28 de febreiro do ano 2007.

O nomeamento de Filgueira baséase na súa implicación da vida social, cultural e política de Pontevedra, da provincia e de Galicia perante toda a súa esistencia. Entre outras facetas,  Filgueira foi profesor do instituto de Pontevedra dende 1940 ata 1976; alcalde da cidade entre 1959 e 1968; director, salvo o periodo inicial, e 'alma mater' do Museo de Pontevedra dende a súa creación en 1927 ata a súa morte; e foi tamén un firme baluarte da cultura galega, faceta na que presideu o Consello da Cultura e foi o primeiro Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, e á que aportou unha inxente producción literaria e científica.

As razóns que levaron á Corporación Provincial a otorgarlle a distinción de Fillo Adoptivo de Pontevedra a Enrique Rajoy Leloup derivan do feito de que seu pai, Mariano Rajoy Dobarro, naceu en Santa Mariña de Presqueiras (Forcarei) e esa orixe supuxo a raigame na cidade de Pontevedra da familia Rajoy.

Rajoy Leloup naceu en Santiago de Compostela pero estivo vencellado a Pontevedra a través do Colexio de Abogados e pola súa relación familiar e de íntima amistade, entre outros, con Alexandre Bóveda, Portela Valladares ou Osorio Tafall. Foi un home decisivo na formulación e no impulso do I Estatuto de Autonomía de Galicia, aprobado casi plebiscitariamente o 28 de xuño de 1936.

Con Bóveda, formou parte da comisión redactora do Estatuto e desempeñou o cargo de secretario do comité central da Autonomía. Redactou o decreto para convocar a consulta popular e él mesmo, acompañado por Anxel Casal, presentou nas Cortes Españolas o 16 de xullo de 1936 ó presidente do Congreso, Martínez Barrio, e ó presidente da República, Manuel Azaña, a Declaración de Autonomía de Galicia que non chegou a entrar en vigor pois dous días despois tivo lugar o golpe militar que desencadeou a Guerra Civil.

 Os nomeamentos de Fillos Predilectos e Adoptivos de Pontevedra estiveron adormecidos dende a Transición e foron retomados pola institución provincial no ano 2004 nomeando Fillo Predilecto a Osorio Tafall e Adoptivo a Alexandre Bóveda.

Coas distincións que tuveron lugar onte, a Deputación de Pontevedra recoñece a decisiva contribución da provincia ó Estatuto de Autonomía de Galicia (o chamado Estatuto do 36) pois das oito personalidades que o culminaron _Bóveda, Suárez Ferrín, Anxel Casal, Casares Quiroga, Portela Valladares, Osorio Tafall, Rajoy Leloup e López Pol_ catro delas estaban vencelladas a Pontevedra: Bóveda, Osorio Tafall, Portela Valladares e Rajoy Leloup.

Ó acto asistiron, entre outras autoridades, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, varios conselleiros, deputados provinciais, alcaldes e outras autoridades e persoeiros da provincia. Asistiron tamén Mariano Rajoy, presidente do Partido Popular (PP) e neto do homenaxeado Rajoy Leloup, así como as familias Rajoy e Filgueira.

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com