Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Política

Os mozos e mozas galegos residentes en países europeus terán representación no Consello da Xuventude de Galicia

por Vm - 06/10/2008
O Congreso reuniu 80 mozos e mozas, en representación da mocidade galega que aglutinan os centros galegos de Alemaña, Bélxica, Francia, Holanda, Portugal, Reino Unido, Suíza e Andorra. REMITIDA.

A xuventude galega que reside en países europeos terá representación activa dentro do Consello da Xuventude de Galicia a través dunha asociación que estará integrada neste órgano autónomo da mocidade galega. Así o decidiron os participantes no I Congreso da Xuventude Galega Residente en Países Europeos que foi clausurado onte na cidade alemá de Frankfurt. Tres días de Congreso que reuniron 80 mozos e mozas, en representación da mocidade galega que aglutinan os centros galegos de Alemaña, Bélxica, Francia, Holanda, Portugal, Reino Unido, Suíza e Andorra.

Esta asociación, coa que pasarán a formar parte do Consello da Xuventude de Galicia, será unha entidade institucional composta por máis dunha vintena de asociacións, que foi concibida co obxectivo de artellar unha política global para a mocidade. Como paso previo á creación da asociación creouse unha comisión temporal composta por catro membros e se estableceron os alicerces que os participantes consideran fundamentais para a súa constitución.

Nese senso, se creará unha plataforma dixital como punto de encontro para toda a xuventude integrada na asociación, que ofreza información sobre ofertas educativas e de traballo. Tamén celebrarase un novo Congreso en Galicia, coa intención de que os mozos residentes na comunidade galega coñezan de primeira man a realidade da xuventude galega que reside no exterior. Por último, a posibilidade de contar cun espazo físico propio onde se poda establecer a sede da asociación.

Os encargados de facer as ponencias comezaron lembrando os recursos que teñen dispoñibles ao seu alcance, como o portal da Secretaría Xeral de Emigración, a Fundación Galicia Emigración, o Consello da Xuventude de Galicia e o Youth in Action (programa europeo de mobilidade). Posteriormente incidiron na necesidade de que exista unha maior participación e compromiso por parte da xuventude para que os movementos asociativos galegos que hai en Europa se renoven e adapten aos novos tempos.

A presidenta do Consello da Xuventude de Galicia, María Dolores Rodríguez Amoroso, e o secretario Xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez, foron os encargados de clausurar o Congreso. En primeiro lugar, María Dolores Rodríguez celebrou a decisión de crear a asociación e animou a tódolos xóvenes a que se integren nela. Pola súa banda, Manuel Luís Rodríguez, tamén celebrou o anuncio da creación da asociación e anunciou que contarán con todo o apoio da Secretaría que dirixe para que esta iniciativa salga adiante.

Antes da clausura tiña lugar a última das charlas programadas, na que o grupo musical Ialma, composto por cinco 'cantareiras' que residen en Bruxelas explicaron aos asistentes a súa experiencia como grupo formado por mozas galegas da diáspora. Este grupo actuou o sábado pola noite ante os participantes no Congreso xunto a Gran Purismo e Mafia Gallega, outros dous grupos de rap e hip-hop formados por mozos galegos da diáspora galega en Europa.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 116 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com