Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Gastronomía-Alimentación

Máis da terceira parte das adegas de Galicia etiquetan algúns dos seus viños en galego para incrementar o seu valor engadido

por Vm - 19/03/2008
A campaña ‘Deixa que o viño fale’ foi presentada no Parlamento de Galicia.
A identificación dos viños elaborados nas cinco denominacións de orixe (D.O) galegas –Valdeorras, Monterrei, Ribeiro, Ribeira Sacra e Rías Baixas— cos territorios de Galicia nos que se cultivan as castes de uva autóctonas e que tanto marcan as súas propiedades é esencial para as adegas da comunidade, que representan o 11% do PIB galego. A terceira parte de todas as industrias etiquetan as marcas que comercializan en lingua galega.

 

“O galego no mundo empresarial é rendible”, subliñou onte a presidenta do Parlamento galego, Dolores Villarino, no acto de presentación da campaña ‘Deixa que o viño fale’ no Parlamento de Galicia, tras destacar a relevancia da “alianza estratéxica entre as adegas e a nosa lingua”.

 

A iniciativa promocional, impulsada pola Consellaría do Medio Rural e a Secretaría Xeral de Normalización Lingüística, pretende reinvidicar a lingua de Rosalía nun eido, o agrario, no que conta cunha “importancia histórica, valor cultural e proxección de futuro”, como destacou o presidente da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística, Xabier Monteagudo.

 

“Multiplicamos por dous o número de adegas que etiquetan en galego desde 2003”, asegurou. A súa organización acumula vinte anos de historia a prol da incorporación da lingua aos ámbitos institucionais e xurídicos de todo tipo. Tamén impulsou o seu uso no mundo económico e empresarial, a través das asociacións ‘Galicia Empresa’ e, hoxe, co Foro Enrique Peinador. Segundo lembrou Monteagudo, o galego dálle aos viños un “plus de calidade, reforza o seu vínculo con Galicia e a súa singulariedade”.

 

Nesta liña expresouse o vicepresidente da adega Martín Códax, Ramón Barral, quen se referiu ao “orgullo” dos viticultores cara o clima, as castes autóctonas e os solos que tanta pegada teñen nos viños; á “tradición” que, amais de conformar unha expresión cultural, foi fonte de riqueza e emprego; e á “innovación” que supón a entrada dos viños galegos en mercados de todo o mundo.

 

“Viño e lingua levan moitos anos camiñando xuntos”, asegurou tras citar unha chea de palabras e conceptos recurrentes no eido vitivinícola galego, que son únicos. É o caso do lagar, os socalcos, as castes treixadura, albariño ou godello, entre outras. “Martín Códax naceu e creceu en galego”, sinalou para engadir que a aposta pola lingua propia “é un plus para xerar imaxe de marca global”. Ao xuízo de Barral, “máis que unha opción é unha esixencia”.

O conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, durante a presentación da campaña.


    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 36 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com