Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Educación
Culpan á Consellería de Educación de "incumprir a legalidade"

Os sindicatos denuncian que os mestres sustitutos dos colexios concertados non reciben o seu salario en xullo e agosto

por Vm - 03/07/2008

As Organizacións Sindicais FSIE, UGT, CCOO, USO e CIG denunciaron onte nun comunicado "a pasividade da Consellería de Educación", para "dar solución a unha cuestión suficientemente clarificada por reiterada xurisprudencia". Trátase do "non recoñecemento do dereito elemental que teñen os profesores substitutos de ensinanza concertada a recibir o seu salario nos meses de xullo e agosto".

Os sindicatos non entenden como a Consellería "sigue incumprindo a legalidade", despois de que a conselleira, Laura Sánchez Piñón, prometera en outubro de 2005 "que lle daría unha solución inmediata a este asunto". Polo contrario, a administración autonómica sempre resposta aos sindicatos que a reivindicación "está en estudo".

"Lamentamos que a Consellería de Educación sexa quen propicie que os traballadores afectados se vexan privados dun salario que legalmente lles coresponde e dun tempo cotizado á Seguridade Social que repercutiría favorablemente nunha futura pensión de xubilación", remata o comunicado.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 50 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com