Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Educación

Política Lingüística incrementa en 200.000 euros os fondos para fomentar o uso do galego nos centros de ensino públicos

por Vm - 07/09/2008

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de convocar subvencións por un importe de un millón de euros para desenvolver proxectos de fomento do uso do galego nos centros públicos de ensino non universitario. Esta cantidade supón un incremento de 200.000 euros respecto da asignada o ano pasado, algo que ten como obxectivo achegar máis recursos e beneficiar máis centros.

Atendendo a petición dos equipos de normalización lingüística dos centros de ensino, adiantou este curso a publicación das convocatorias para que os centros poidan planificar as súas actividades cun orzamento pechado xa na primeira parte do curso.

Para resolver a adxudicación das axudas terase en conta, fundamentalmente, a calidade dos proxectos, que terá un peso do 80 por cento. Tamén se ponderará o número de estudantes de cada centro.

O financiamento máximo para os centros con máis de 50 alumnos será de 2.500 euros, 600 euros para os que conten cun número de alumnos de entre 25 e 50 e 400 euros para os que teñen menos de 25 alumnos. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 6 de outubro.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 117 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com