|
A Deputación de Pontevedra ven de conceder unha achega de 51.800 euros ás comarcas do Condado e A Paradanta como parte do Plan de Acción Comunitaria correspondentes a anualidade de 2008.
Na Paradanta, se subvencionou con 6.000 euros ó concello de Covelo para as tarefas de rehabilitación do Muíño de Abaixo de San Breixo, e con 4.000 euros ó concello da Cañiza para o arranxo do depósito do subministro de auga da Comunidade de Augas de San Lourenzo-Parada.
Arbo recibirá 6.000 euros para a instalación dun depósito de auga potable na Comunidade de Usuarios para Abastecemento de Augas en San Miguel de Cequeliños, 3.000 euros para a restauración dos muíños de Vilar Cabeiras e o seu entorno, 3.000 euros á Asociación de veciños San Antonio de Arbo para o regadío Correlo-Almuíña.
Mentres, a Crecente se achegarán 5.000 euros para aproveitar as augas da ribeira para a captación de auga, 1.100 euros para a dotación de mesas da área recreativa Lobariñas, e 1.200 euros para o cambio e reforzo da liña eléctrica da Casa Cultural de Sendelle.
No Condado, concedéronse 3.000 euros ó concello de Mondariz para a adquisición de mobiliario para a asociación de veciños Lougariños de Lougares, 6.000 euros á comunidade de usuarios Tortoreos-Liñares de As Neves, para limpeza de manantiais, 2.000 euros a Salvaterra de Miño en concepto de adquisición de materiais para actividades do centro Asociación de Veciños 'A Lucerna' e 5.000 euros ó concello de Ponteareas para o alumeado do entorno da Igrexa de Arnoso, en San Lorenzo de Arnoso.
|