|
|
Pinturas de Antonio Quesada inauguran as exposicións na alcaldÃa |
|
|
| por Vm - 04/07/2008 | | |  | | | | | O alcalde e Antonio Quesada, onte. REMITIDA. | | | | O alcalde e Antonio Quesada inauguraron onte 'Mostrarte', coa presenza de medio centenar de persoas da cultura viguesa e membros da Corporación, unha exposición de obras do afamado pintor que emprega as dependencias de Alcaldía como sede da mostra.
A Alcaldía comeza a utilizarse como "espazo aberto para difundir a arte", xa que os despachos son centro e lugar de paso de moitas persoas cada día, argumentou o alcalde. Polo seu prestixio e ligazón con Vigo e pola súa calidade profesional e persoal, Antonio Quesada foi escollido para dar comezo á iniciativa do uso de espazos públicos como sala para "combinar a política e a arte", unha idea copiada de Felipe González, como comentou o propio Abel Caballero. 'Mostrarte' albergará tanto a afamados artistas como a noveis.
O rexedor manifestou a súa vontade de que "o que onte iniciamos se converta en tradición" e incluso apuntou a que a idea se exporte a outros ámbitos públicos de Galicia. A mostra, que representa para o alcalde que "as portas do Concello están abertas á cidade", foi cualificada por Abel Caballero de "excepcional" e de "extraordinaria calidade", polo que "a Alcaldía se honra" de albergala.
O artista, pola súa banda, expresou o seu "agradecemento" ao alcalde pola invitación e agradeceu a colaboración dos "expertos", o tamén prestixioso pintor vigués Mingos Teixeira e á súa familia, colaboradores na organización da mostra. Quesada incluso fixo incluso sorrir á concorrencia sinalando que a mostra "quedou mellor do que agardaba". |
|
|
|
|
|
|
Encuesta |
|
|
Hay un total de 47 votos ¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?
|
|
|
|
|