Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Cultura-Espectáculos

Nace o Premio de Investigación Alexandre Bóveda para fomentar os estudos de ciencias sociais sobre Galicia

por Vm - 27/06/2008

Fomentar a realización de estudos de investigación referidos a Galicia no ámbito das ciencias sociais é o obxectivo do I Premio de Investigación Alexandre Bóveda. Convócao a Cátedra da Universidade de Vigo que leva o nome do galeguista, na que participa a Consellaría de Cultura e Deporte xunto con Caixanova, o Concello de Pontevedra e a Fundación Alexadre Bóveda.

O premio concederase este ano por primeira vez e está dotado con 20.000 euros para a obra gañadora. Pódense presentar ata o 30 de setembro textos en lingua galega de máis de 150 páxinas. Deben ser traballos de investigación de economía, dereito, política ou outras materias de ciencias sociais.

Avaliará os traballos presentados un xurado formado por Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega e catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago; Margarita Estévez, catedrática de Análise Matemática da Universidade de Vigo; Argimiro Rojo, catedrático de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo; Xavier Labandeira, profesor de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, e Marta García, profesora de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña.

    
Sobre este artículo
Publicidad
Encuesta
Hay un total de 70 votos
¿Cree que Vigo es una ciudad ruidosa?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com