|
Vigo acollerá do 7 ao 11 de xullo o V encontro entre profesionais e novos talentos da danza en Galicia no taller coreográfico dirixido polo Premio Nacional de Danza Chevi Muraday. O obxectivo é desenvolver a linguaxe da danza contemporánea e dar formación a novos bailaríns e actores.
O encontro será o 11 de xullo no Museo do Mar de Galicia en Vigo, a partir das 20 horas. Para finalizar o taller, os participantes, tanto bailaríns como actores, ofrecerán unha mostra de danza contemporánea aberta ao público e de balde, no mesmo Museo.
Entre os artistas participantes en anteriores edicións deste obradoiro atópanse Janet Novás e Anuska Alonso, así como Armando Martén e Beatriz Pérez de Entremáns, Ruth Balbís de Pisando Ovos, Marta Etura ou Daniel Abreu. |