Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Cultura-Espectáculos

Xosé Vázquez Pintor será o protagonista da homenaxe 'O escritor na súa terra'

por Vm - 02/06/2008

O escritor Xosé Vázquez Pintor será homenaxeado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega no acto 'O escritor na súa terra', que xa chega á súa XIV edición. Deste xeito, Vázquez Pintor será homenaxeado na terra onde naceu, Melide, o vindeiro sábado 7 de xuño.

A homenaxe 'O escritor na súa terra' é unha celebración anual na que a terra do homenaxeado cobra un protagonista fundamental. Deste xeito, a través dun acto múltiple e popular, vénse recoñecendo a entidade literaria de escritores galegos coa entrega do galardón Letra E, a plantación dunha árbore simbólica elixida polo propio autor, neste caso, un buxo, e a colocación dun monolito conmemorativo ou a inauguración dun espazo público co nome do homenaxeado ou outro nome elixido por el.

O acto comezará ás 11.30 horas do sábado 7 de xuño nos xardíns da capela de San Roque, en Melide. Alí plantarse un buxo e descubrirase a pedra escultórica dedicada ao homenaxeado. Unha hora despois, a alcaldesa de Melide, Socorro Cea; a secretaria xeral da AELG, Mercedes Queixas, e o homenaxeado presidirán o acto no que a biblioteca pública municipal recibirá o nome de Xosé Vázquez Pintor. Ás 13.30 horas, entregaraselle ao homenaxeado unha peza escultórica coa Letra E realizada polo artista Silverio Rivas e procederase á lectura da laudatio, a cargo do escritor Ramón Caride. Por último, os socios da AELG, os veciños de Melide e outros interesados asistirán ao xantar de confraternidade no Restaurante Sony.

Dende que arrancou, no ano 1995, a homenaxe 'O escritor na súa terra' xa rendeu tributo a Avilés de Taramancos, Bernardino Graña, Manuel María, María Xosé Queizán, Xosé Neira Vilas, Uxío Novoneyra, Luz Pozo Garza, Xosé Chao Rego, Xosé Fernández Ferreiro, Salvador García-Bodaño, Pura e Dora Vázquez, María do Carme Kruckenberg e Manuel Lourenzo.

    
Sobre este artículo
Publicidad
Encuesta
Hay un total de 50 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com