Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Cultura-Espectáculos

Cultura e a Universidade de Santiago ampliarán o coñecemento do xacemento arqueolóxico do Areal en Vigo

por Vm - 21/05/2008

A Consellería de Cultura e a Universidade de Santiago continuarán no 2008 e no 2009 co proxecto de análises do xacemento arqueolóxico do Areal, en Vigo. O Consello da Xunta aprobará mañá un convenio polo que o departamento que dirixe Ánxela Bugallo achegará nestes dous anos un total de 38.000 euros para realizar estes traballos e dar a coñecer este xacemento romano con estruturas vinculadas ao medio mariño, como a industria de salazón e as saíñas da época tomana.

O obxectivo deste proxecto é continuar os estudos e análises precisos para coñecer as características paleoambientais e arqueométricas do rexistro arqueolóxico. Así, realizaranse análises xeoarqueolóxicas, sedimentolóxicas e xeomorfolóxicas.

Os achados atópanse no solar do patio do antigo convento de monxas do Areal, que máis tarde foi hospital militar. O terreo foi escavado no derradeiro trimestre de 1995 e inicio de 1996. O solar, incluído na área de protección do xacemento romano de Areal-Pontevedra, atopábase a menos de 50 metros do lugar no que en 1953 apareceron varias estelas funerarias romanas, hoxe no museo municipal.

Os niveis arqueolóxicos corresponderon a unha ampla banda temporal, dende o século XIX ata a época altoimperial romana. Baixo o nivel do XIX atopouse un do XVII, outro medieval, unha necrópole que vai dende o século II ata o VI ou VII despois de Cristo, unhas saíñas en toda a extensión do terreo, datables no século II d.C. e, no derradeiro nivel, restos de ánfora de época altoimperial.

A necrópole de época tardorromana foi a máis representada, e atopáronse enterramentos en tégula, granito, pizarra, ánfora, terra... É de salientar a aparición de restos importantes de elementos relacionados con enterramentos.

Deste xeito, confirmouse a existencia dun poboamento relativamente importante (vicus), situado no que hoxe é o centro de Vigo. Os estudos aos que se lles dá agora continuidade pretenden afondar neste coñecemento.

    
Sobre este artículo
Publicidad
Encuesta
Hay un total de 70 votos
¿Cree que Vigo es una ciudad ruidosa?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com