Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Cultura-Espectáculos

Ponse en marcha o Plan Galego das Artes Escénicas, pioneiro en todo o Estado

por Vm - 20/05/2008
Ánxela Bugallo presidiu a presentación do Plan Galego das Artes Escénicas. OTTO/AGN

Cun acto comicamente luctuoso protagonizado por Mofa e Befa presentouse hoxe en Santiago o Plan Galego das Artes Escénicas (PGAE), chamado a transformar as estruturas máis precarias do teatro, a danza, a maxia e o circo que se fan en Galicia.

O Plan, elaborado co consenso de máis de 40 representantes de todos os axentes implicados neste eido e co que se compromente seis departamentos da Xunta, establece un marco de actuación "a medio e longo prazo" e conta cunha dotación orzamentaria de preto de 66 millóns de euros deica o 2011.

Segundo afirmou o xerente do Igaem, Miguel Martín, trátase dun plan "sen precedentes en todo o Estado", que responde a unha "demanda histórica do sector das artes escénicas" e que "paga unha débeda da sociedade co teatro galego, comprometido coa nosa lingua e cultura".

Nun acto dirixido por Quico Cadaval e amenizado por Mofa e Befa, Martín desglosou algúns dos contidos do plan, que recolle 83 accións concretas englobadas en cinco grandes eixos: a dimensión sociocultural das artes escénicas, o fomento da creación e formación, a potenciación das industrias culturais neste eido, a consolidación do mercado e a internacionalización das artes escénicas galegas.

Pola súa banda, a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, lembrou que esta "nova estratexia de apoio" é outra ferramenta para o desenvolvemento das artes escénicas, despois de aprobarse a Axencia Galega de Industrias Culturais, reformarse a Rede Galega de Teatros e Auditorios, crearse un Centro Coreográfico Galego, e realizar un programa de teatro amador.

O obxectivo de todas estas accións é, segundo a titular de Cultura, "conseguir unhas artes escénicas con protagonismo na sociedade galega e proxección universal", entendendo a cultura como "un servizo público, pero tamén unha manifestación da identidade e un motor económico".

Para Bugallo, a traxectoria do teatro galego "sempre mantivo un vínculo estreito coa sociedade e a política", e referiuse á Escola Rexional de Declamación, ás Irmandades da Fala, á Xeración Nós, á emigración e á refundación do teatro galego nos anos 70 como "fitos importantes" das artes escénicas galegas. Dentro deste contexto, o PGAE supón "un novo fito".

Defensa e mellora

O PGAE será avaliado por unha comisión de seguemento, ante a "necesidade de compartir a defensa e mellora do plan" tanto por parte da Administración como polas principais asociacións do sector escénico en Galicia, segundo salientou o presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Vicente Montoto.

A comisión analizará o grao de execución do plan, analizará os resultados e colaborará no deseño de novas políticas.

Na comisión están representadas dende a Vicepresidencia da Xunta ás Consellerías de Cultura, Industria, Educación, Traballo e Economía, implicadas no plan, a Fegamp, e as asociacións de magos, danza, novo circo, empresas de artes escénicas e teatro afeccionado.

Tamén o presidente de Escena Galega, Celso Parada, valorou este "ambicioso plan de Goberno" que atribúe unha dotación económica á transformación das artes escénicas; "será máis difícil levalo a cabo que plasmalo en papel" engadiu.

Medidas

O Plan ponse en marcha xa neste 2008 cun orzamento de 12,8 millóns de euros. Neste prazo, márcanse xa algúns obxectivos dentro de cada eixo e liña de actuación. No 2009, o orzamento será de 15,32 millóns de euros, e irá medrado nalgo máis de 2 millóns de euros cada ano, ata chegar aos máis de 20 millóns que se destinarán no 2011. En total, neste período de catro anos investiranse case 65,8 millóns de euros.

Entre os cometidos do Plan, atópase o de "democratizar o acceso á oferta cultural", para o que destina 13,3 millóns de euros. Así, fomentarase o teatro afeccionado, universitario e escolar e desenvolverase un novo programa sociocultural comarcal para achegar as artes escénicas a toda a cidadanía.

O PGAE presta tamén especial atención á nova creación, para o que desenvolve programas de apoio á creación e innovación e de formación, cunha dotación de máis de 3,7 millóns de euros.

Asemade, para potenciar as industrias culturais, o plan atribúe 11,07 millóns ao apoio á mellora da xestión empresarial, a potenciar a súa capacidade produtiva, a melorar a situación laboral dos seus profesionais e a vertebrar o sector. Neste punto, inclúense as axudas ao sector, que pasan dunha concepción máis proteccionista a outra que ofrece novas vías de financiamento, como axudas reintegrables, o Crédito Cultura, ou a residencia en teatros.

As artes escénicas galegas buscarán tamén consolidar o seu mercado, e para iso a Xunta investirá 23,05 millóns de euros, para consolidar as programacións, aumentar o consumo cultural e promover a eficiencia e transparencia dos mercados profesionais das artes escénicas.

Por último, destinaranse 14,6 millóns de euros a promover a presenza das artes escénicas galegas no exterior.

    
Sobre este artículo
Publicidad
Encuesta
Hay un total de 50 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com