Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Cultura-Espectáculos

Búscase actor novo que dea vida a Roi, protagonista de 'Game Over'

por Vm - 19/05/2008
Roi e o pallaso. REMITIDA

A produtora galega nbek e caChuzo teatro convocan un casting para atopar o protagonista da súa nova produción 'Game Over'. O espectáculo é unha adaptación da obra de Carlos Losada que acadou o Premio Manuel María 2007 de literatura dramática infantil (IGAEM, Consellería de Cultura e Deportes).

Segundo un comunicado da produtora, as probas de selección realizaranse en Santiago de Compostela a finais de maio, e a elas están convocados todos os actores e actrices novos maiores de 16 anos, que desexen dar vida a "ROI", o neno de dez anos protagonista desta obra. Os interesados poden apuntarse chamando o teléfono 654 867 554 ou polo correo mailto:calaco@nbek.org

A posta en escena de 'Game Over' mestura coreografías, cancións e proxeccións de animacións dunha grande plasticidade que creará un espectáculo visual único, dirixido ao público infantil e familiar. A dirección correrá a cargo do propio autor e será estreada o día 3 de outubro de 2008 no Salón Teatro de Compostela.

    
Sobre este artículo
Publicidad
Encuesta
Hay un total de 47 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com