Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Cultura-Espectáculos

Exposición 'Xosé María Álvarez Blázquez, arqueólogo de Vigo' no museo de Castrelos

por Vm - 17/05/2008
A concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure, reivindicou onte a importancia da figura de Xosé María Álvarez Blázquez para Vigo no acto de inauguración da exposición "Álvarez Blázquez. Arqueólogo de Vigo" no museo de Castrelos. A mostra, que pode visitarse ata o 20 de xullo, reflicte a traxectoria de quen foi o primeiro comisario local das excavacións arqueolóxicas da cidade dende 1949 e impulsor da creación da sección de arqueoloxía do museo, da hemeroteca municipal e da conservación dos restos arqueolóxicos do municipio, e a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas.

O Museo recupera así a figura deste destacado arqueólogo e prehistoriador, impulsor da creación da sección de arqueoloxía do mesmo, da hemeroteca municipal e da conservación dos restos arqueolóxicos do municipio aspectos que foron ata agora os menos coñecidos da súa actividade.

Pilar Barciela Garrido, museóloga e arqueóloga, é a comisaria desta mostra que reúne máis de 200 pezas arqueolóxicas, –unha reducida cantidade dos materiais que Xosé María Álvarez Blázquez depositou e posteriormente doou ao museo vigués–; xunto con material documental e gráfico procedente na súa meirande parte do propio arquivo de Xosé María Álvarez Blázquez, do arquivo do Concello e do Museo.

A mostra organízase en dous bloques principais: o nomeamento e exercicio do cargo de "Comisario Local de Excavaciones Arqueógicas" na cidade e as contribucións que realizou ao museo de Castrelos. Ademais, a exposición reúne máis de 200 pezas arqueolóxicas –unha reducida cantidade dos materiais que Xosé María Álvarez Blázquez depositou e posteriormente doou ao museo vigués–; xunto con material documental e gráfico procedente na súa meirande parte do propio arquivo de Álvarez Blázquez, do arquivo do Concello e do Museo. Esta mostra temporal compleméntase cos fondos que se mostran na sala de exposición permanente de arqueoloxía do museo.

Na primeira sala explícase en que consistía a "Comisaría General de Excavaciones Arqueológicas", que centralizou a actividade arqueolóxica dos primeiros anos do franquismo, así como o nomeamento de Álvarez Blázquez como "Comisario Local de Excavaciones", e os xacementos ubicados en territorio municipal nos que interviu dende o seu cargo, como o castro de Vigo, a illa de Toralla, dos que se amosa unha pequena parte dos materiais recuperados neses xacementos, e a cista do cemiterio de Picacho.

A segunda sala está adicada ao descubrimento das estelas romanas, do que se achegan materiais documentais dos estudos realizados por Xosé María; ao Congreso Nacional de Arqueoloxía, acontecemento científico que se celebrou en Galicia no mesmo ano da descuberta das estelas; e a creación da sección de arqueoloxía do Museo.

Na terceira sala explícase a recuperación da cista de Atios, un enterramento da primeira Idade do Bronce recuperado en 1967 e que constituíu outro importante acontecemento arqueolóxico no momento; o descubrimento das aras de Donón, descubertas por Enrique Massó e trasladadas ao museo en 1963; e as aportacións ao museo dende o seu posto de Xefe do Departamento de Historia de Vigo e a súa comarca.

A cuarta sala recolle a actividade anterior de Xosé María Álvarez Blázquez, quen entrou de moi novo na actividade arqueolóxica, e nos anos trinta xa participara nas escavacións do castro de Cabeza de Francos en Tui e do castro de Baión en Vilagarcía de Arousa. Ademais, froito da súa relación cos tranviarios de Vigo, conseguíu, nos anos 40, unha boa colección de moedas de época romana e ibérica que foron adquiridas polo concello, e a elas súmanse outras que foron depositadas no museo. Neste apartado exhíbese unha pequena mostra acompañada das fichas que realizou para a súa clasificación.

Na quinta sala amósase a recollida de útiles paleolíticos comezada nos seus anos de mocidade e continuada ao seu regreso a Galiza, en 1944, xa que constituíu unha das achegas máis importantes ao estudo do Paleolítico en Galicia. Amósase nesta sección unha pequena mostra dos útiles líticos recuperados, xunto cos estudos e debuxos realizados para a súa publicación. Así, poden verse obxectos das Gándaras de Budiño, o xacemento paleolítico máis importante de Galiza, e das prospeccións realizadas no poboado castrexo das illas Cíes, que deron como resultado a recollida de numerosos fragmentos de cerámica que foron depositados no Museo. Pero ao labor arqueolóxico de Xosé María Álvarez Blázquez, sempre orientado ao salvamento e recuperación dos restos para o seu depósito no museo, sumouse tamén un importante labor de divulgación nos medios de comunicación, en conferencias e en estudos divulgativos, dos que unha pequena mostra destes traballos pódese apreciar nesta sección.
    
Sobre este artículo
Publicidad
Encuesta
Hay un total de 24 votos
¿Cree que la crisis se dejará sentir en las rebajas de verano?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com