Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Cultura-Espectáculos

A Xunta non va financiar os actos de homenaxe a Álvarez Blázquez en Tui

por Vm - 15/05/2008

O director xeral de Promoción e Difusión Cultural da Xunta, Luis Bará, confirmou hoxe no Parlamento que a Xunta de Galicia non participa, nin ten previsto facelo, no financiamento dos actos organizados polo concello de Tui para honrar a figura do polígrafo tudense Xosé María Álvarez Blázquez, homenaxeado este ano.

Segundo un comunicado do PPdeG, a confirmación chegou en resposta a unha pregunta formulada polo deputado popular César Pérez Ares, esta mañá, na Comisión de Educación e Cultura do Parlamento, na que este instou ao director xeral a mudar de actitude para que a Xunta apoie as diferentes iniciativas promovidas polo Concello de Tui co obxectivo de recuperar e poñer en valor a figura protagonista do Día das Letras galegas de 2008.

Ao responder ao PPdeG, o director xeral de Difusión e Promoción Cultural botou "balóns fóra", argumentando que a organización dos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas corresponde á Real Academia Galega, que este ano decidiu celebralos na cidade de Vigo.

    
Sobre este artículo
Publicidad
Encuesta
Hay un total de 50 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com