Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Cultura-Espectáculos

López subliña a reflexión sobre a alteración da paisaxe da obra gañadora das bolsas Feima-Fundación Laxeiro

por Vm - 16/05/2008
O conselleiro, na roda de prensa esta mañá. REMITIDA.
O concelleiro de Cultura, o nacionalista Xesus López, salientou onte a reflexión sobre a alteración da paisaxe natural que caracteriza ao proxecto gañador das bolsas Feima- Fundación Laxeiro á creación artística. O proxecto da artista Belén Uriel, titulado "Full View", pode visitarse dende mañá, 16 de maio, ata o 7 de setembro na propia Fundación Laxeiro.

Xesus López, na súa intervención, agradeceu á Fundación Feima a convocatoria destas bolsas porque permiten "a promoción de xoves valores galegos ou residentes en Galiza". En canto ao proxecto gañador, o concelleiro de Cultura sinalou que nos convidar a reflexionar sobre a incidencia da acción humana na alteración da paisaxe natural, que a xuízo do edil do BNG "case sempre se sustenta no interese especulativo duns poucos a costa da degradación, en moitos casos irreparábel, dun patrimonio que nos pertence a todos e todas".

Segundo o concelleiro de Cultura, obras como as de Belén Uriel, que amosan unha urbanización de vivendas unifamiliares sen rematar no municipio coruñés de Pantín, permitirán "ter moi en conta os nefastos resultados dunha época na que existíu carta branca para accións deste tipo". Ademais Xesus López considera que posibilitará avanzar nunha acción de control legal e social para que "construcción e paisaxe vaian da man e conseguir un urbanismo racional e respectuoso co medio ambiente".

As bolsas Feima- Fundación Laxeiro á creación artística correspondentes ao 2007 recibiron un total de 31 proxectos. O premio para o gañador consiste en 3.000 euros, 2.000 euros en concepto de compra da obra, 3.000 euros para produción de obra para a exposición, inclusión da mostra na programación da Fundación Laxeiro en Vigo e da Fundación Feima en Madrid e a edición dun catálogo na que non só se recolle a obra exposta, senón a produción anterior do artista gañador, que segundo indicou o director da Fundación Laxeiro, Javier Pérez Buján, "está en proceso de elaboración, para poder recoller imaxes da propia montaxe que se inaugura mañá".
    
Sobre este artículo
Publicidad
Encuesta
Hay un total de 50 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com