|  | | | | | A exposición no Marco. REMITIDA. | | | |
O concelleiro vigués de Cultura, Xesús López e o director do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Iñaki López Antelo, presentaron onte a programación especial que levará a cabo o Museo de Arte Contemporáneo os días 16, 17 e 18 de maio con motivo do Día Internacional do Museos que este ano desenvolvese baixo o lema 'Os museos como axentes do cambio social'.
Como cada ano dende 1977, o ICOM (Consello Internacional de Museos) convida aos museos do mundo enteiro a celebrar o 18 de maio o Día Internacional do Museo, creado para promover o interese xeral pola xestión e as actividades dos museos e centros de arte.
Para cada edición, o ICOM elixe un lema que permite ter un elemento común de referencia, reflexión e inspiración para celebrar este día e organizar actividades. O slogan elixido para o ano 2008 é "Os museos como axentes do cambio social", subliñando a importancia dos museos como parte activa na evolución da sociedade, e a necesidade de manter o compromiso de convertir a cultura nun nexo integrador que establezca diálogos entre os individuos e as sociedades.
Unha vez máis, o MARCO súmase a esta celebración e invita a toda a cidadanía a participar nesta Festa DIM 2008, a través de actividades que fomentan a participación cidadá, a integración social e o desenvolvemento.
O programa inclúe un proxecto de creación colectiva para público infantil e adulto, obradoiros de animación para familias, experiencias artísticas por Internet na Biblioteca, debuxantes de animación traballando en directo, visitas guiadas ás exposicións, unha mesa informativa da Agrupación de Amigos, ciclos de vídeo, e o concerto de clausura do ciclo Música para plantas, entre outras actividades. |