Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Cultura-Espectáculos

O Museo Liste co Día das Letras Galegas e o Día Internacional dos Museos

por Vm - 17/05/2008
Museo Liste. REMITIDA.

Museo Liste dedica esta semana unha programación especial a conmemorar o Día das Letras Galegas e o Día Internacional dos Museos. Dende o día 13 ata o día 18 o acceso ó Museo será de balde e nestes días os visitantes desfrutarán de visitas guiadas, poderán ve-lo "Maio" e para os máis pequenos haberá xogos, enredos e actividades en relación coa figura de X.M. Alvárez Blázquez.

O Museo Liste de Vigo, situado na rúa Pastora 22, ten como principal obxectivo o coñecemento e a difusión do patrimonio etnográfico galego.

O Museo, instalado nunha vivenda unifamiliar remodelada de mediados do século XX, distribúese en catro andares e once salas que reflicten aspectos significativos da identidade de Galicia.

Nove salas de exposición permanente exhiben máis de 2.000 pezas a través das cales o visitante percorre os oficios artesanais galegos, a cultura do cultivo do centeo, a roda tradicional, os peches, os tecidos, a madeira escavada, a luz, a materialidade da fe e a arte de curar.

    
Sobre este artículo
Publicidad
Encuesta
Hay un total de 50 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com