Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Arte

O Parlamento de Galicia acollerá a mostra 'Laxeiro e a pintura galega de posguerra' que contén 40 obras do pintor de Lalín e dos seus coetáneos

por Vm - 23/05/2008
Dolores Villarino recibiu unha medalla de bronce coa silueta de Laxeiro. SONIA DAPONTE/AGN

A presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino Santiago, e o secretario xeral da Fundación Laxeiro, Carlos García-Suárez Otero, asinaron hoxe un convenio de colaboración para levar á Cámara autonómica a exposición 'De Vigo a Bos Aires – Laxeiro e a pintura galega de posguerra' entre os meses de setembro e decembro do presente ano. A presidenta da Cámara sinalou que esta exposición forma parte da celebración do centenario do nacemento do intelectual e artista Xosé Otero Abeledo "Laxeiro", natural de Lalín e afincado en Vigo.

En rolda de prensa, Villarino explicou que a entrada principal do Parlamento, na compostelá rúa do Hórreo, "está presidida por unas magníficas vidrieiras de Laxeiro" e engadiu que "resultaba obrigado que quen preside o edificio no que está depositada a vontade dos galegos e galegas" lograse unha "contribución" da Cámara galega.

Villarino dixo que esta mostra une 40 obras dos artistas coetáneos a Laxeiro, que convivirán coas duascentas obras de pintores e escultores galegos do século XX que posúe a Cámara, que constituirá un "feito cultural de primeira orde". Salientou que os visitantes á mostra poderán contemplar por exemplo a vidreira elaborada por Laxeiro para a Cámara autonómica en 1989, situada no lucernario da entrada principal, e que dende este ano convive coa elaborada por Isaac Díaz Pardo para o Salón de Plenos.

A mostra que presentará a Fundación Laxeiro na Cámara autonómica presenta obras de Laxeiro, Maside, Lugrís, Mario Granell, Colmeiro, Isaac Díaz Pardo, Julia Minguillón, Manuel Torres e Luis Seoane. As obras están organizadas en torno aos grupos "A paisaxe e a cidade", "O pulo industrial e comercial", "O retrato burgués", "Mundo intelectual", "Continuidade e renovación" e "Artistas galegos en Buenos Aires".

A exposición convivirá cos fondos propios da Cámara, que posúe obras do propio Laxeiro, Maside, Colmeiro, Quessada, Urbano Lugrís, Luis Seoane, Alfonso Sucasas, Barreiro, Menchu Lamas e escultores como Buciños ou Acisclo, entre outros. Esta iniciativa pon de manifesto o compromiso da Cámara autonómica coa arte galega, e que completa as obras en poder da institución coa realización de exposicións temporais, como foron os dous ciclos de "Diálogo dende o invisible", nos que foron presentadas 50 obras de 15 xóvenes artistas galegos de pintura, fotografía e audiovisuais.

Pola súa banda, o alcalde de Vigo e presidente da Fundación, Abel Caballero, quen cualificou a iniciativa de "feito cultural extraordinario" e engadiu que a iniciativa ofrece "unha nova dimensión ao Parlamento de Galicia, que está a adoptar unha relevancia externa descoñecida". Tamén salientou o "magnífico modelo de funcionamento" da Fundación Laxeiro con relación aos actos de conmemoración do centenario do artista.

O secretario xeral da Fundación, Carlos García-Suárez Otero, reivindicou o papel de Vigo como centro impulsor da cultura e explicou que a iniciativa desta exposición forma parte do traballo da Fundación para "manter a obra de Laxeiro viva, para que siga sendo nexo de unión entre todos nós".

A este acto tamén asistiron o concelleiro de Cultura de Vigo, Jesús López Carreira, e a vicepresidenta da Fundación, Mª Cruz Otero Villamarín, quen entregou á presidenta da Cámara unha medalla de bronce coa silueta do artista de Lalín afincado en Vigo.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 70 votos
¿Cree que Vigo es una ciudad ruidosa?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com