Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Magacine > Arte

Deputación presenta as bases da Certame de Novos Valores, que repartirá 36.000 euros

por Vm - 17/05/2008

A Deputación de Pontevedra, en consonancia coa tradición da concesión de axudas a novos creadores un dos seus capítulos de máis éxito, presentou as bases do seu Certame de Artes Plásticas Novos Valores para o ano 2008. Poderán participar nel, sen límite de idade, todos os artistas (pintores, escultores, debuxantes, deseñadores, gravadores, fotógrafos, ceramistas, videocreadores, etc.) susceptibles de seren considerados novos valores, naturais ou residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

As obras presentadas deberán ser orixinais, non admitíndose as que xa fosen expostas noutras mostras, individuais ou colectivas, ou figurasen noutros concursos. Só se aceptará unha obra por artista en cada especialidade. O seu peso non será superior ós 500 quilos e a súa máxima dimensión non superará os 2,00 m. No apartado de Audiovisuais, admitiranse obras unicamente en soporte CD ou DVD e en formato vídeo, non podendo exceder a duración da proxección de catro minutos. A exhibición dos traballos seleccionados neste ámbito farase mediante unha proxección continúa de todas as obras desde un reprodutor de DVD a un monitor. Se algún autor desexase outro tipo de proxección, deberá achegar, tanto para a selección do xurado coma para a exhibición, os aparellos técnicos necesarios para poder efectuala, sempre adaptados ao lugar no que a obra se presente.

As obras deben presentarse no Museo Provincial de Pontevedra, ben persoalmente, ben a través dun medio de transporte que garanta a súa entrega. O prazo de recollida estenderase desde o día 14 ata o 23 de maio do ano en curso, de martes a venres e entre as 10.00 e as 13.00 horas. Xunto coa obra ou obras, os artistas entregarán unha fotocopia do seu DNI e o boletín de inscrición con todos os campos debidamente cubertos. Este poderá ser recollido tanto no Servizo de Cultura da Deputación Provincial coma no Museo de Pontevedra. No momento da entrega os concursantes recibirán un recibo que a documente. A súa presentación será imprescindible para posteriormente retirar a obra.

O xurado seleccionador será nomeado polo presidente da Deputación Provincial. A súa composición será a seguinte: Como Presidente, o titular da Corporación provincial ou deputado no que delegue. Como vogais, o deputado-presidente da Comisión de Cultura, cinco persoas de recoñecido prestixio nos campos da crítica, das artes ou da historia da arte. Como Secretario, O titular da Deputación ou funcionario no que delegue.

Este mesmo xurado será o encargado de propoñer, de entre as obras inicialmente seleccionadas, a adxudicación ós seus autores de seis premios, por importe de seis mil (6.000) euros brutos cada un, para ampliar os seus estudos artísticos. Un destes premios levará o nome específico de José Fernández López e deberá recaer, necesariamente, nunha obra pictórica. Corresponderalle a súa dotación a D. Manuel Fernández de Sousa Faro, fillo de tan egrexia personalidade.

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 24 votos
¿Cree que la crisis se dejará sentir en las rebajas de verano?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com