Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Vigo

Aprobada a reforma de 'Conservas Garavilla' en Teis como edificio sociocultural

por Vm - 19/07/2008

A Xunta de Goberno aprobou onte o proxecto Obradoiro de Emprego 'Vigo-Ornamental'. O alcalde, Abel Caballero, explicou que o proxecto consiste nun obradoiro para 48 alumnos/as-traballaores repartidos nas especialidades de albanelería, carpintería metálica, instalacións de fontanería e electricidade e xardineria. Entre os locales que se van reformar para usos socioculturais dentro deste programa están 'Conservas Garabilla' e o local municipal emprazado na rúa Raiña Victoria para locais socio-comunitarios. Tamén se levará acabo a remodelación da avenida de Europa e as rúas Castaña e San Paio.

O Alcalde subliñou que os edificios a reformar dentro de este programa "son para usos socioculturais", e tamén sinalou "que coa reforma de Conservas Garavilla estamos a cumprir unha demanda histórica do barrio de Teis". Recalcó "que moitos cidadans comunicáronlle a necesidade de poñer beirarrúas na avenida" .

Coa suma deste programa a Conselleria de Traballo investiría na cidade ao redor de dous millóns de euros, "unha inversión sin precedentes", puntualizó o alcalde.

Humanización do entorno de Calvario

Tamén se aprobou en xunta de goberno o plan de seguridade e saúde da obra de humanización do entorno Calvario, nas rúas Sagunto, León e Cataluña. O alcalde destacou "que o programa de humanización que se esta a facer nesta cidade nun ano e máis do dobre que se fixo nos catro anos anteriores".

Doazón de Parque infantil na praza Fernando Conde Montero-Rios

Por outra parte, o alcalde informou da doazón dun parque infantil na praza Fernando Conde Montero-Ríos. A doazón a realiza a entidade Quelvitriz S.L., e realizase para cubrir unha demanda importante de ocio infantil na zona.

Rexistro de solares e edificacións a rehabilitar

Outro dos acordos tomados onte na Xunta de Goberno é a creación dun Rexistro administrativo polo cal o Concello podrá instar aos propietarios de solares a construir e de edificacións a rehabilitar. No caso de que no se leve a efecto, o Concello podrá acordar a expropiación, a venta o incluso a sustitución forzosa. Así mesmo, se arbitran medidas para que o solo destinado a vivenda protexida sa desenvolto o tempo do destinado a vivenda libre.

"Con esta ordenanza e a posterior constitución do Rexistro de solares e do Patrimonio municipal do solo, se da cumprimento ao previsto na recente Ley de medidas urxentes en materia de vivenda", sinalou o alcalde.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Vigo- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 50 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com