Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Vigo

Xabier Alonso anuncia a ampliación do graderío do pavillón de Bouzas, que duplicará o seu aforo

por Vm - 18/07/2008

A Concellería de Deportes ven de contratar a execución das obras de ampliación do graderío no pavillón municipal de Bouzas, co obxectivo de incrementar a capacidade do seu aforo, segundo anunciou este venres o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso. "A obras comezarán inmediatamente", asegurou o edil do BNG, e tras o investimento de 229.317,74 euros, o pavillón terá unha capacidade total para 662 espectadores, na que se inclúe espazo para a ubicación de 15 cadeiras de rodas.

"Dentro da dinámica que está levando a cabo o BNG na Concellería de Deportes de mellorar as infraestruturas deportivas considero que este proxecto é extraordinariamente importante", salientou Xabier Alonso. O concelleiro nacionalista explicou que mellorará sustancialmente o aforo das instalacións, ao pasar de ter unha grada con cabida para 368 espectadores a ter tres cun aforo total de 662 espectadores. Así instalaranse dúas gradas novas, unha delas cunha superficie útil de 188,4 m2 e cabida para 201 espectadores e outra cunha superficie últil de 156,1 m2 e aforo para 78 espectadores e espazo para 15 cadeiras de rodas. Deste xeito, gáñanse 344,5 m2 de superficie útil e amplíase o aforo en 294 espectadores.

Pero ademais da ampliación do aforo, o concelleiro de Deportes subliñou a mellora do acceso ao recinto, para o cal "tivose moi en conta ás persoas con mobilidade reducida". Xabier Alonso explicou que a dispoñibilidade das gradas permitirá o acceso ás persoas con mobilidade e comunicación reducidas, así como a circulación polo edificio. No proxecto contémplase tamén a instalación dun elevador a nivel de pista para que estas persoas poidan acceder á cota de pasarela e ter unha correcta visibilidade.

Xabier Alonso salientou que é un obxectivo prioritario da Concellería de Deportes que as obras estean rematadas de cara o inicio da tempada se xoquei, no mes de setembro.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Vigo- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 70 votos
¿Cree que Vigo es una ciudad ruidosa?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com