|  | | | | | De esquerda a dereita, Xesus López e Santiago DomÃnguez na rolda de prensa celebrada esta mañá. REMITIDA | | | |
O goberno local vigués invistirá 1,3 millóns de euros nas reforma do Auditorio municipal da praza do Rei, segundo anunciou hoxe o tenente de alcalde de Vigo, Santiago Domínguez. O obxectivo é dotar á cidade dunha programación estable de teatro, e de artes escénicas en xeral. As obras comezarán o mes que ven e estarán rematadas en sete meses.
"Con este proxecto damos cumprimento a unha das promesas electorais do BNG, de dotar a Vigo dunha programación estable de artes escénicas", subliñou o tenente de alcalde na súa intervención. Ao seu xuízo, á cidade precisa que dende o Concello se oferte unha programación estable, "que ata este momento estaba fundamentalmente en mans privadas".
Segundo Domínguez, superar esta eiva centra o compromiso do BNG, pero para elo é preciso contar cun Auditorio Municipal axeitado, xa que nestes momentos "non cumpre cos requisitos máis elementais" para traer compañías de calidade e para que o público contemple as representacións en condicións óptimas.
O tenente de alcalde considerou que á instalación existente na actualidade é "demasiado" chamarlle Auditorio Municipal, posto que máis ben se trata dun "salón de actos", no que as persoas que se sentan nas butacas situadas na parte de atrás "dificilmente contemplan o escenario". Así, o tenente de alcalde salientou que dende que se aprobou o novo orzamento, unha das prioridades consistíu en "traballar para levar adiante a reforma do auditorio", que finalmente foi aprobada na última Xunta de Goberno Local e á que se destinará un investimento de 1.385.000 euros.
Obras
As obras de remodelación, entre as que se atopan a modificación da disposición das butacas en forma de grada, co obxectivo de gañar en visibilidade, a ampliación do escenario, a adaptación dos novos vestiarios e aseos, e a creación de novos accesos dende a Praza do Rei, destinaranse, 900.000 euros. O Concello contará cunha aportación de 400.000 euros da Consellería de Cultura, que se destinará integramente á mellora do equipamento técnico (336.130 euros) e mobiliario (148.886 euros). |