Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Vigo

‘Arte Aventura’, obradoiros educativos gratuítos

por Vm - 17/07/2008

 

Todos os nenos de 4 a 12 anos poden gozar nas sedes da Fundación Caixa Galicia en Vigo e Pontevedra de ‘Arte Aventura’, un programa gratuíto, deseñado polo Servizo Didáctico da entidade cultural, que quere achegar aos máis pequenos á arte e a cultura durante os meses de verán.


O programa, no que poden participar tanto asistentes a campamentos estivais de todo tipo como nenos e nenas de forma individual, pretende converterse nunha excelente alternativa de lecer cultural para os máis pequenos e as súas familias.

                                            
Segundo a información ofrecida polos organizadores, as familias interesadas en que os máis pequenos da casa participen nestas actividades só teñen que chamar aos teléfonos das sedes para efectuar a súa reserva (Pontevedra, 986864612; Vigo, 986864612).

 

Ao redor da exposición que actualmente se pode contemplar nas sedes da Fundación Caixa Galicia en Pontevedra e Vigo (‘O espello do cotián’), trataranse cos nenos e nenas temas como as diferentes disciplinas existentes nas artes plásticas, a historia do retrato ou as diferentes tendencias e correntes artísticas.


Así, os asistentes a estas actividades comezarán a xornada contruíndo os seus propios retratos con masas de plastilinas de cor e pintura de dedos, e entre todos realizarán un mural escultórico conxunto.


Máis tarde, e coa axuda dun papel de espello e a tutela do persoal especializado da Fundación Caixa Galicia, os participantes poderán realizar o seu autoretrato, para poder despois reflexionar sobre a súa propia imaxe.

 

O programa finaliza cun obradoiro xestual que axudará aos participantes a identificar como o corpo e a cara expresan os diferentes estados de ánimo, e como se representan eses sentimentos nos grandes retratos da historia da arte.

 

O espello do Cotián

 

Dende o pasado 3 de xullo móstrase simultaneamente nas sedes da Fundación Caixa Galicia en Vigo e Pontevedra a exposición ‘O espello cotián. Colección Caixa Galicia’, unha escolma das mellores pezas artísticas da pinacoteca da entidade.

 

Con esta mostra as rapazas e os rapaces de Pontevedra e Vigo poderán gozar da obra de artistas seminais da historia da plástica moderna galega, coma Arturo Souto, Luís Seoane, Castelao, Díaz Pardo ou Maruja Mallo, e tamén do traballo dos máis novísimos baluartes, coma Rubén Ramos Balsa ou Carlos Rial, entre outros.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Vigo- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 47 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com