Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Vigo

O Museo do Mar de Galicia inicia o martes os obradoiros de verán, dirixidos a nenos entre 5 e 12 anos

por Vm - 12/07/2008

O Museo do Mar de Galicia, situado na parroquia viguesa de Alcabre, inicia o martes os obradoiros de verán, dirixidos a nenos entre 5 e 12 anos. A intención desta iniciativa e promover o coñecemento do mar, da súa fauna, das embarcacións e da pesca, sempre en clave de diversión.

Os obradoiros están organizados en temáticas variadas coma 'Gozando da praia', 'Coñecendo o Mar' ou 'Eu son mariñeiro' e terán unha duración de catro días, utilizando para as súas ensinanzas tanto a exposición permanente do museo coma as praias colindantes ou os patios exteriores.

'Gozando da praia', dirixido a nenos entre 5 e 7 anos, afondará no descrición dos animais, nas manualidades a pé de praia –coma facer un móbil, por exemplo, con cunchas-, a observación dos peixes no acuario ou, por exemplo, a procura dun tesouro entre a praia e o museo. 'Coñecendo o mar' vai dirixido a rapaces entre 8 e 12 anos e inclúe dende observacións con prismáticos ata con tubo e gafas no mar, ademais de saídas en embarcacións tradicionais, en colaboración coa Asociación de Embarcacións Tradicionais de Bouzas, para aprender a navegar. 'Eu son mariñero' tamén está pensado para rapaces nesa franxa de 8 a 12 anos, e nel os rapaces aprenderán cómo funciona e cómo se constrúe unha batea, cos seus flotadores, cabos e mortos de chumbo ou pedra. Haberá tamén un apartado no que os rapaces aprenderán o deseño de velas e barcos, no que os mariñeiros ensinarán a preparar distintos aparellos de pesca.

Os obradoiros terán lugar as dúas últimas semanas de xullo e todo o mes de agosto, en horario de 10.30 horas a 13.10 cunha parada para a merenda. Os pais deberán inscribir aos nenos previamente chamando ao Museo aos números 986247691 ou 986 247750.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Vigo- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 47 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com