Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Vigo

A Escola "Mar de Vigo IV" expón no encontro de embarcacións tradicionais de Brest a única traiñeira de Galicia

por Vm - 10/07/2008
A embarcación promocional de Vigo. S. D./AGN.
O concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, e o Director da Escola Obradoiro "Mar de Vigo IV", Enrique Otero, presentaron este mércores a participación da cidade no "gran encontro mundial de embarcacións tradicionais", en verbas de Otero, que se celebra na localidade francesa de Brest entre o 11 e o 17 de xullo.

A escola aporta a única traiñeira tradicional de Galicia, unha das dúas existentes en toda España, xunto cunha construída no País Vasco. As súas medidas son de 11 metros de eslora e 2,5 de manga, cun peso que alcanza as 4 toneladas, e forma parte das 25 embarcacións que envía Galicia ao evento.

A traiñeira xa está na localidade francesa, á que chegou a bordo dun transporte especial terrestre. Alí se sumará aos 2.000 barcos de 30 países diferentes que participan nunha mostra na que colaboran 600 voluntarios e están acreditados 800 periodistas, e que na anterior edición congregou a un millón de visitantes.

O concelleiro informou que o día 16 de xullo está dedicado a Galicia, que aporta 150 tripulantes, 6 deles do "Mar de Vigo IV", e conta con 1.500 metros cadrados de exposición. Alí se promocionará, co vínculo do patrimonio marítimo, a cultura galega, o seu folclore, a artesanía e a gastronomía, no día no que todas as embarcacións galegas sairán ao mar.

Enrique Otero agradeceu ao edil de Participación Cidadá que "apostara por un proxecto que anima a manter e incrementar o patrimonio marítimo" da cidade, unha escola que forma a 40 mozos de entre os 15 e os 25 anos para acadar un emprego.

Santos Héctor, pola súa banda, salientou que o investimento de "máis de 750.000 euros" noa escola obradoiro ten o seu reflexo internacional na presencia da mesma no encontro de Brest. O concelleiro agradeceu o labor dos alumnos do centro, tanto dos actuais coma dos antigos, e reiterou o seu "compromiso coa recuperación do patrimonio marítimo e cultural" vigués.
    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Vigo- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 50 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com