Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Vigo

As bandeiras azuis xa lucen nas praias viguesas

por Vm - 04/07/2008
O alcalde e Chus Lago, onte na praia de O Vao. S. DAPONTE/AGN..
O alcalde, Abel Caballero, e os concelleiros de Medioambiente, Chus Lago, e Seguridade, Xulio Calviño, presentaron onte de xeito oficial as bandeiras azuis outorgadas neste ano a seis praias viguesas.

O servizo de socorrismo do Concello traballará durante os tres meses da tempada estival en nove areais vigueses (Samil, Vao, Rodas, Tombo do Gato, Canido, Argazada, A Punta, Fontaíña e Fortiñón), con 22 efectivos durante a semana e 24 nas fins de semana.

A brigada Costa e Praia da Policía Local de Vigo contará con 14 integrantes, dous deles se incorporan este xoves, coordinados por un oficial. Protección Civil, pola súa banda, aporta 5 embarcacións, dúas durante a semana e 3 para a fin de semana.

A Cruz Vermella presta servizo en todas as praias nas que existe servizo de socorrismo exceptuando a de Fortiñón, en Saiáns, aportando medios humanos e técnicos. Haberá dous socorristas en todos os areais e catro en Samil, con postos de asistencia e material sanitario en todas elas. Samil conta asemade cunha ambulancia.
    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Vigo- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 47 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com