|
|
Retorno da escultura de Curros Enriquez á Alameda |
|
|
| por Vm - 17/05/2008 | | |  | | | | | A escultura está desde onte na Alameda de Vigo. REMITIDA. | | | | O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo rexedor de Celanova, Antonio Mouriño, inauguraron onte a volta á Praza de Compostela, o seu emprazamento orixinal, da escultura que Vigo lle dedicou ao prolífico escritor Manuel Curros Enriquez.
O goberno local quere, con este xesto, honrar a figura do literato de Celanova, no ano que se cumpre o centenario do seu pasamento. O acto iniciouse coa interpretación de "Unha noite na eira do trigo" de Curros Enriquez, e continuou co recitar dun poema do egrexio autor por parte da actriz Uxía Blanco para rematar, tras as intervencións dos alcaldes municipais, cunha canción interpretada por Lorena Lores.
A escultura homenaxe de Vigo a Curros Enriquez foi erixida en 1911, tres anos despois do seu falecemento, e emprazada na Alameda da cidade. Alí ficou ata que no ano 1965 foi trasladada ao Monte do Castro, onde permaneceu ata este venres. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, enxalzou a figura do literato, en especial na súa relación con Vigo, cidade a que dedicou un poema, e salientou que se salda co traslado a "débeda histórica" da cidade con Curros. |
|
|
|
| | El Tiempo | |  | |
|
|
|
Encuesta |
|
|
Hay un total de 24 votos ¿Cree que la crisis se dejará sentir en las rebajas de verano?
|
|
|
|
|