|  | | | | | Panorámica de la RÃa de Vigo. REMITIDA. | | | |
O colectivo A Ría Non se Vende presentará na semana previa á manifestación convocada para o vindeiro domingo, día 25 de maio, o audiovisual 'S.O.S. Ría de Vigo', sobre o deterioro ambiental da Ría de Vigo.
O audiovisual, que fai un repaso sobre o estado de saúde deste recurso natural e dos proxectos e plans que o ameazan, proxectarase dende Cangas a Nigrán, pasando por Moaña, Redondela, Navia, Teis, San Miguel de Oia, Bouzas, Alcabre, Coruxo e varios lugares do centro de Vigo. Posteriormente, desenvolverase un coloquio aberto á participación dos asistentes.
As proxeccións arrancan hoxe na Casa da Cultura de Cangas, a partir das 17.30 horas, e na sede de C.U.T., en Vigo, a partir das 20.00 horas.
O luns 19 estará no local do Plan Comunitario de Teis a partir das 20.00 horas, e o martes á mesma hora estará no local da Asociación Veciñal de Navia en Vigo, ás 19.00 horas no local da CIG na cidade olívica e en Redondela a partir das 20 horas. O xoves estará en Bouzas, San Miguel de Oia e Nigrán, e por último o venres en Moaña, Alcabre, Coruxo e no Casco Vello de Vigo. |