Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Vigo

O PP pedirá no pleno un centro sociocomunitario en Barreiro

por Vm - 16/05/2008

O concelleiro do grupo municipal do PP José Manuel Figueroa presentará ao vindeiro pleno da Corporación unha moción na que solicita que o concello destine 2.500 m2 do aproveitamento urbanístico que lle corresponde no PERI de Barreiro para a construcción dun centro sociocomunitario para a parroquia de Lavadores. O voceiro do PP insta ao goberno a iniciar o procedemento para a redacción do proxecto e incluir nos vindeiros orzamentos as partidas necesarias e pide que, unha vez rematada, o concello ceda a infraestrutura aos colectivos veciñais da parroquia.

Segundo a moción do edil popular, "Lavadores é unha das parroquias máis populosas de Vigo e unha das máis esquecidas". Figueroa asegura no seu escrito que en 2000 comeza o concello vigué a redacción do PERI de Barreiro, pero que non é ata 2006, co goberno local popular, cando se aproba e adxudica o proxecto de urbanización do mesmo.

"En termos xerais Barreiro se conforma sobre unha superficie de máis de 100.000 m2. O PERI inclúe un gran parque público de 45.000 m2 e dispón, xa, dun centro de atención a persoas maiores de 150 prazas. Cen vivendas de protección autonómica están a ser construidas pola cooperativa "Eduardo Chao" constituida pola Federación de Asociacións de Veciños de Vigo. A piscina prevista no PERI foi, tamén, adxudicada no anterior mandato, cando o PP ostentaba a responsabilidade de goberno. Finalmente, o PERI contempla a construcción doutros equipamentos deportivos", contiúa a moción.

Mais estas instalacións de uso deportivo, social e máis de ocio carecen, ao xuizo do concelleiro popular, dun espazo propio para o uso veciñal. "O aproveitamento urbanístico que lle corresponde ao Concello de Vigo permitiría, entroutros usos, dotar aos veciños de Lavadores dun centro sociocomuntario do que hoxendía carecen. De feito, o aproveitamento total ascende a 12.500 m2, 2.500 en planta con baixo máis tres plantas e baixo cuberta. Dende o noso punto de vista o uso da planta baixa de 2.500 m2 sería o espazo ideal para a creación deste centro que son os propios veciños de Lavadores quen o están a reclamar", conclúe a moción.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Vigo- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 100 votos
¿Cree que merece la pena el 'precio' que Tomiño debe pagar por la nueva autovía del Baixo Miño?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com