|
|
As obras do aparcamento de Policarpo Sanz comezan o próximo luns e terán unha duración de 30 meses |
|
|
| por Vm - 16/05/2008 | | |  | | | | | Alternativa de tráfico desde o segundo mes ata o sexto do inicio das obras. REMITIDA. | | | | Os traballos do novo aparcamento na rúa Policarpo Sanz comezarán o próximo luns, 19 de maio, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou onte o Plan de tráfico con dous obxectivos: causar as "mínimas molestias aos cidadáns" e "garantir o tráfico fluído na cidade".
As obras terán unha duración total de 30 meses e o plan de tráfico elaborado polo goberno local contempla seis actuacións distintas dependendo da fase na que se atopen os traballos. Así, a variante municipal establece seis alternativas de tráfico: a primeira que entra en vigor este luns e estará vixente os dous primeiros meses, outra entre o segundo e o sexto mes, unha máis para o sétimo, outra para o período entre o sétimo e duodécimo mes, outra alternativa entre os meses doce e catorce e unha última para os 16 meses finais.
O alcalde aseverou que o goberno ten a "vocación de que as molestias aos cidadáns sexan as menores posibles", polo que o tráfico se optimizará atendendo ao estado dos traballos. |
|
|
|
| | El Tiempo | |  | |
|
|
|
Encuesta |
|
|
Hay un total de 47 votos ¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?
|
|
|
|
|