Inicio > Otros ayuntamientos > Vigo

O concello de Vigo abrirá a primeira biblioteca de barrio na rúa Martínez Garrido no 2010

por VM - 02/10/2009
 
A nova biblioteca conta cun investimento de 450.000 euros é unha “moderna concepción do espazo”. REMITIDA.

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, afirmou este venres que a primeira biblioteca de barrio que abrirá na rúa Martínez Garrido no 2010 é unha “clara aposta” polos barrios de O Calvario e Lavadores. O nacionalista fixo estas declaracións tras a visita que realizou ás instalacións da nova dotación, na que tamén participou o concelleiro de Cultura, Xesus López. A nova biblioteca conta, segundo o tenente de alcalde, cun investimento de 450.000 euros é unha “moderna concepción do espazo”.

“É estraño que no 2009 falemos da primeira biblioteca de barrio de Vigo, o cal mostra que nos últimos anos non houbo ningunha preocupación ao respecto”, sinalou Santi Domínguez tras a visita. Porén, avanzou que o obxectivo da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Cultura é iniciar dúas bibliotecas máis nesta lexislatura. “Este é o camiño que temos que seguir”, asegurou.

O tenente de alcalde expresou a súa satisfacción pola marcha das obras, “que avanzan a bo ritmo”, polo que se cumprirán os prazos estipulados. Respecto á estrutura da biblioteca afirmou que ten unha concepción “moi moderna do espazo”, xa que a fachada será transparente e visible dende o exterior. “Esta concepción animará aos veciños e veciñas a utilizala e ademais se entroncará co val”, asegurou. 

Segundo Santi Domínguez, a posta en marcha desta infraestrutura se enmarca nunha aposta polos barrios de Calvario e Lavadores, que tamén se pon de manifesto co arranxo das instalacións deportivas da Asociación Veciñal de Lavadores, a execución da piscina de Barreiro; e a dinamización do Centro Cultural de Pardavila.

redaccion@vigometropolitano.com

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com