Inicio > Otros ayuntamientos > Vigo

Louzán e Figueroa comprometen o seu apoio ó nomeamento de Vigo como sede do campionato mundial de fútbol e ó proxecto do novo estadio de Balaídos

por VM - 26/09/2009

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o vicepresidente e portavoz do Grupo Popular na institución provincial, José Manuel Figueroa, manifestaron hoxe o seu apoio ó nomeamento de Vigo como sede do Campionato Mundial de Fútbol do 2018, e á mellora e remodelación do Estadio de Balaídos para adaptalo ás esixencias da FIFA.

Na súa intervención no pleno da Corporación Provincial ofreceron ós partidos da oposición aprobar unha moción conxunta para constituir unha Mesa de Traballo sobre a remodelación de Balaídos na que estivesen representados os tres grupos da corporación municipal viguesa e a Deputación Provincial.

Unha mesa que tivese unha triple finalidade: conocer o proxecto que o grupo municipal do BNG presentou en rolda de prensa pero que, a día de hoxe, o grupo do  PP descoñece por completo; dialogar sobre as aportacións económicas para realizar a obra; e contemplar a financiación pública e privada do novo estadio.

A 'insensatez' dos 20.000 millóns das antigas pesetas á conta da Administración

Figueroa indicou que, á marxe de que o actual portavoz do BNG en Vigo foi Director Xeral de Deportes no bipartito e "non moveu un papel" neste asunto, "agora o BNG presenta un proyecto ós medios, sin darlle conta a ningún grupo, que cifra en 20.000 millóns das antigas pesetas a aportación das Administracións Públicas para o novo estadio". O portavoz popular calificou esa iniciativa "dunha insensatez nestes tempos de profunda crisis que afecta a tantísimas familias que consideran prioritario solventar os problemas de paro e non un novo estadio".

 Engadeu que o BNG presentaba unha moción no pleno da Deputación "porque sabe que é irrealizable o seu proxecto e non busca máis fin que quedar ben>. O portavoz do PP na Corporación Provincial sinalou que unha obra desa magnitude, nestes tempos, só poderá ser abordada con fórmulas público-privadas -que asegurou que a súa formación tiña contempladas para cando gobernase e que ofreceu ós outros grupos
-e non "tirando dos cartos  públicos".

Como as propostas formuladas por Figueroa non foron aceptadas polo BNG, o grupo popular votou en contra dos termos da moción defendida polo concelleiro Javier Alonso en relación co investimento da Deputación no proxecto do novo Balaídos.

 

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com