Inicio > Otros ayuntamientos > Vigo

O Concello revisa os contratos de limpeza viaria e zonas verdes ampliando os servizos a outras áreas

por VM - 04/09/2009

O Concello de Vigo aprobou os contratos de FCC e de Cespa para incrementar nun 20% o persoal tanto de limpeza viaria como de zonas verdes.

O contrato da limpeza viaria non era revisado desde o 2002, co que quedaban moitas zonas fóra do acordo anterior; esta era unha "estrutura obsoleta e non o suficientemente eficiente en relación ás necesidades de limpeza", afrimou o alcalde Abel Caballero.

Así, coa revisión, serán 105 espazos os que inclúense no contrato e pasa por tanto a ser regulada a súa limpeza. Para efectuar esta ampliación, o persoal de limpeza viaria increméntase nun 25%, 41 novos empregados que súmanse aos 164 existentes. O importe da revisión suma case 2,4 millóns de euros por ano.

Algunhas das zonas incluidas nesta revisión contractual son a avda do Aeroporto, a praza do Berbés, o paseo de Bouzas, a praza da Estrela, a circunvalación desde Zona Franca ata Bouzas, o entorno do mercado de Cabral, a urbanización das Roteas, os patios xunto ao Centro de Saúde de Teis, a avenida Concepción Arenal, a praza dos Galegos Ilustres, a rúa Carral, a entrada ao colexio Frián, a praza de Compostela, a avenida Citroën e o PAU de Navia, entre outras.

No tocante á limpeza das zonas verdes, o alcalde indicou que amplíase nun 12% o persoal de Cespa para facer fronte a "trece novas superficies verdes", pasando dos 103 anteriores aos 115 empregados. O alcalde citou exemplos de espazos que están agora incluidos, como por exemplo os xardíns do PAU de Navia, a rotonda de Santa Cristina, a parte posterior do Mercado de Teis, a zona verde fronte á estación de autobuses, o parque Elisardo da Costa, a ampliación de la Alameda dos Vellos (Beade), os xardíns de Venezuela-Blein Budiño, 555 xardineras e 1.400 árboles. O investimento municipal para o incremento da limpeza en espazos verdes ascende a 264.000 euros.

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com