|  | | | | | O paseo peonil ata Punta Socorro é un dos principais puntos do Plan da Marisma. JORGE CASTRO. | | | |
O proxecto de A Marisma foi aprobado para recibir os fondos da unión europea FEDER, ata nun 70% do orzamento solicitado, o que equivale a 2,1 millóns de euros, dos 3 millóns que lle solicitaba o concello de Redondela ó Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER). O montante total do proxecto ascendía a 4,3 millóns de euros, dos que 1,3 millóns serían aportados por Redondela.
O concello tiña contemplada a súa partida nos presupostos do 2008, que xa foron aprobados de xeito provisional, e no vindeiro mes será aprobado de maneira definitiva, coa publicación no Boletín Oficial de Pontevedra. Tras a resolución europea, o concello ten a obriga de revisar o proxecto, para adaptalo as novas expectativas económicas, de xeito que sexa viable.
O concelleiro de Medio Ambiente, Carlos Pazos, indicou que nos próximos meses intentarán refacer o proxecto no concello, "co traballo dos técnicos municipais", pero que por agora "non temos coñecemento de cal vai ser o resultado final". O coñecido como "Plan da Marisma" era un dos principais proxectos da lexislatura, a pesares de levantar certa polémica nos meses pasados, cando foi presentado ós fondos FEDER, por intentar o goberno municipal que fora apoiado polas asociacións de veciños, sen que estás coñeceran o seu contido.
Actuacións do plan
O plan contempla varias actuacións o longo do concello, aínda que a actuación estelar sería modificación de todo o entorno do río Pexegueiro, incluido un paseo peonil que chegaría ata a zona coñecida de Punta Socorro na localidade de A Portela, xa na parroquia de Cedeira. Esta última actuación sería a máis costosa cun orzamento de aproximadamente 2 millóns de euros.
Outra actuación salientable do plan sería a rehabilitación do pavillón de Redondela, que conta con numerosas carencias, que estaría completado con varias actuacións urbanísticas nos arredores, como son completar a rede de saneamento, soterrar a línea de media tensión iluminar o entorno do río Pexegueiro e proceder a urbanización da parcela do Auditorio. Outras actuacións do plan son levar redes wifi os distintos centros sociais ou facer un estudio dos posibles aproveitamentos turísticos da Ensenada de San Simón. |