|  | | | | | Fonte de Uñica en Chapela. REMITIDA | | | |
O grupo popular de Redondela, puxo de manifesto o estado de deterioro no que se encontran as fontes da "Progresiva", tamén coñecida como fonte de "Uñica" situada en Chapela, no barrio de Laredo, e a fonte pública de A Barreira, situada na parroquia de Reboreda no barrio de Santo Paio de Arriba. Os populares queren pedirlle o goberno municipal que proceda o arraxo destes dous elementos.
A fonte situada en Chapela, segundo comunicou o grupo popular, "atópase en pezas e amontoada no chan da calzada logo de sufrir a colisión dun camión". A peza, que ten como ano de construción en 1909, mantivo a súa composición orixinal de peche de sillería e soleira de pedra durante case un século, formando parte da paisaxe urbana do barrio de Laredo, en Chapela, todo este tempo.
Os populares sinalan que "pese ao indubidable carácter ornamental e tradicional de devandito elemento", desde que recibiu o impacto do citado camión, a "súa estrutura permanece abandonada no chan, deteriorándose. Ademais, ao haberse partido o tubo da auga, non deixa de verter pola súa banda superior". Desta forma, dende o PP redondelán considérase "inxustificable o estado de abandono e deterioración en que se atopa dita fonte" e solicítase "restablecer o uso público ao que estaba destinada, adoptando as medidas oportunas para evitar que, entre tanto, siga vertiendo auga de forma incesante".
Fonte de A Barreira
Noutra banda na parroquia de Reboreda encontranse os restos da fonte pública de A Barreira, en Santo Paio de Arriba. O grupo popular informa que "segundo parece, logo de sufrir algúns traballos, supostamente de reparación por parte do concello de Redondela, deixou de funcionar e leva meses sen auga". Esta situación provocou, "as queixas de varios veciños" o quedarse sen suministro de auga. |