Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Redondela
O permiso foi concedido por un prazo de 5 anos. A Plataforma en contra da Ensenada de San Simón anunciou a presentación dun recurso de alzada contra

A Xunta concede a Autorización Ambiental Intregrada a AUCOSA

por Jorge Castro - 30/06/2008

A consellería de Medio Ambiente concedeu a Autorización Ambiental Integrada a empresa Aucosa dedicada a fabricación de fariñas e aceite de peixe e que está situada na localidade de Cabanas, dentro da parroquia de San Vicente de Trasmañó. A Xunta decidiu dar a autorización por un período de 5 anos, a pesar da oposición veciñal e do concello de Redondela.

A resolución da consellería de Medio Ambiente sinala que o prazo máximo da autorización estáblecese por 5 anos, trascurridos os cales debérase iniciar o proceso de novo. A propia resolución establece un sistema de control da actividade empresarial, dende a propiedade da empresa ata a súa actividade, e as instalacións requeridas. AUCOSA ten a obrigación de notificar todas as obras que realice na súa empresa, ademais de presentar anualmente, "a información precisa para a elaboración e actualización do rexistro europeo de emisións e transferencia de contaminantes" no momento en que sexa requirida pola administración.

A notificación recolle un listado das distintas administracións que foron requeridas para a realización dun informe sobre a actividade da fábrica, así como, todos os organismos que presentaron alegacións durante o prazo de exposición pública. O propio concello e todos os grupos políticos de Redondela persentaron alengacións (PSOE, BNG, PP, IU) salvo o Partido Galeguista. Ademais de presentar alegacións varias asociacións veciñais e a propuia Federación de AA.VV. de Redondela. Un total de 433 persoas individuais tamén presentaron alegacións o proxecto.

Recurso de alzada

A resolución da consellería de Medio Ambiente non agota os trámites administrativos, senón que, "podérase interpoñer recurso de alzada" no mes seguinta a publicación da resolución. A Plataforma en contra da Ensenada de San Simón, xa anunciou a presentación deste recurso. Durante o expediente o concello de Redondela posicionouse de forma contraria a concesión da Autorización Ambiental Integrada a AUCOSA, o considerar que este tipo de empresas poden ubicarse en lugares alonxados da costa e apartados da poboación, polo seu carácter contaminante e polas molestias que ocasiona os cidadáns.

    
Sobre este artículo
3 / 5 (1 Votos)
El Tiempo
El Tiempo en Redondela- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 45 votos
¿Considera necesario el aumento de la plantilla de la concellería de Urbanismo para la puesta en marcha del PXOM de Vigo?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com