Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Redondela

Redondela celebra hoxe a 'Chocolimpida'

por Vm - 29/06/2008
O entorno da Illa de San Simón acollerá unha travesía a nado. J.C.

O número de prazas para participar na “Chocolimpiada”, xornada cultural e deportiva que se desenvolve durante toda a xornada de hoxe domingo polas rúas de Redondela, na Illa de San Simón e a na Praia de Cesantes está xa cuberto, a excepción da carreira popular que xa conta con mais de cen participantes. A “Chocolimpiada”, está organizada pola Piscina Municipal de Redondela -Serviocio SL-, e o Concello de Redondela, en colaboración con Coca cola e Amura. As actividades que se celebrarán ao longo do domingo divídense en tres grandes bloques: visita á illa de San Simón, carreira popular e actividades na praia.

A partir das 10.00 horas, un barco que partirá cada hora do peirao de Cesantes, trasladará ata a Illa de San Simón a grupos de 12 persoas para que realicen unha visita guiada. Pola mañá celebrarase a primeira carreira popular “Vila de Redondela”, na que os participantes terán que cubrir unha distancia de 6 Km.. A saída será dende a Piscina Municipal e a meta situarase na praia de Cesantes. Parte do percorrido será urbano, pasando polas rúas máis céntricas de Redondela.

O bloque de actividades na praia está orientado a toda a familia. Pola mañá, a partir das 11.00 horas, para nenos de 5 a 18 anos, haberá tres actividades: piragüismo, skimboard e xogos de praia (cometas de tracción, boomerangs, fresbees, diábolos, raquetas de praia, pelotas varias). Ao medio día, para maiores de 18 anos, fárase unha travesía a nado á illa de San Simón, dende a praia de Cesantes, e xa pola tarde, a partir das 16.30 horas, para maiores de 12 anos, haberá dúas actividades náuticas: o esquí acuático e o wakeboard. Para rematar, a partir das 17.30 horas, haberá mini campionatos de voley praia e balonmán praia.

    
Sobre este artículo
5 / 5 (1 Votos)
El Tiempo
El Tiempo en Redondela- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 47 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com