|  | | | | | José Loren (Ximnasio Area-Vigo), Carlos González, concelleiro de Deportes, e Francisco Tilve (Ximnasio Do Yang-Redondela). REMITIDA. | | | |
O Pavillón Municipal de Redondela acollerá o vindeiro domingo, día 29, o “I Hipotrofeo Vila de Redondela de Taekwondo” organizado pola Asociación Deportiva Do Yang en colaboración coa concellería de Deportes, dirixida por Carlos González Fernández. O campionato, no que participarán uns douscentos nenos e nenas das categorías alevín, benxamín, infantil e cadete, dará comezo ás 10.00 horas e disputarase pola modalidade de combate técnico eliminatorio.
No combate enfrontarase un alumno de cada un dos ximnasios participantes -Do Yang, de Redondela, e Area, de Vigo- e valorarase a mellor execución técnica dos movementos proclamándose un gañador. O perdedor loitará polo segundo posto. As probas celebraranse de xeito simultáneo en catro tapices, segundo ás categorías dos participantes, nacidos todos eles entre os anos 1994 e 2004.
Ademais dos combates técnicos, os asistentes poderán disfrutar coas exhibicións de técnica, combate, acrobacias e rompementos a cargo dos grupos de exhibición dos dous ximnasios e dos mestres Francisco Tilve e José Loren. A entrada a este I Hipotrofeo Vila de Redondela de Taekwondo é de balde para todos os asistentes. |