A obra “Château Bobcat”, do santiagués Isaac Fernández Fernández, resultou gañadora do “IX Certame de relatos Curtos Os Viaductos”, convocado pola concellería de Xuventude, dirixida por Isabel Castro Piedras. O segundo premio foi para José Ignacio Silva Reguera, de Carballo, pola súa obra “Tic-tac”.
Ademáis destas dúas obras, a concellería de Xuventude concedeu o galardón da publicación a Laura Peña Moscoso, de Santiago de Compostela, pola obra “As evolucións domésticas”, e a Irene Salgueiro Maia, de Murcia, por “Millo mouro”.
As obras gañadoras foron seleccionadas entre os corenta orixinais que se presentaron ao certame, entre eles dous procedentes de Alemaña, un de Bilbao, un de Tarragona e dous de Madrid. Os premios, 1.202,02€ para o gañador e 601,01€ para o que quedou en segundo lugar, entregaranse o vindeiro 5 de xullo no transcurso dun acto que se celebrará ás 13.00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello. |