|  | | | | | O PP presenta unha moción para abrir a sesión de control os asistentes o pleno. | | | |
No pleno do mes de xuño presentáranse varios puntos no orde do día que poderán levantar polémica e repercusión tanto no pleno como nos vindeiros días. O aspecto máis destacable será a modificación da Ordenanza Municipal reguladora da Xestión e tratamentos de Residuos Sólidos Urbanos, Limpeza de Espazos Públicos e Salubridade. O principal cambio é o punto polo cal se fará obrigatoria a realización da recollida selectiva de residuos para todas aquelas persoas que sexa posible.
Segundo explicou o concelleiro de Medio Ambiente do concello de Redondela, Carlos Pazos, trátase dunha "actualización da normativa", debido a que non se renovou nos últimos nos, e na actualidade cos medios que existen "non é lóxico que non se realice a separación, xa que hai moita xente que aínda non realiza a separación e non é normal", explicou Pazos, que matizou que a norma afectaría a aquelas persoas que teñen os contedores a menos de 100 metros de distancia.
O concelleiro de Medio Ambiente, Carlos Pazos, explicou que a normativa tamén recolle a posibilidade de poñer sancións económicas divididas en leves, graves e moi graves a partir dos 700 euros, pero, recoñeceu que este non é obxetivo, senón que o que pretende a norma é "que se realice a recollida selectiva e se cumpla a nova normativa", ademáis de recoñecer que o control de todos os habitantes do municipio sería extremadamente díficil.
Mocións do PP
Pola súa banda, o grupo popular de Redondela, presentará dúas mocións, unha delas terá como misión modificar o regulamento de funcionamento do pleno para incrementar a participación dos veciños. Os cambios que se intentarán introducir será cambiar a posibilidade de que os asistentes o pleno poidan participar mediante cuestións na sesión de control, por obrigación, e retirar o requerimento de que asociacións soliciten participar no pleno teñan que participar no expediente da cuestión a valorar.
Ata o de agora, o alcalde redondelán tiña a opción de abrir a sesión de control os asistentes para que puideran realizar as preguntas que considerasen oportunas, o grupo popular quere que está condición sexa obrigatoria e se realice en todos os plenos. O PP tamén presentará outra moción para que se cree unha comisión co obxeto de abordar os problemas de vandalismo nos distintos puntos de Redondela. Pola súa banda o Plataforma anunciou a súa participación no pleno, mediante mensaxes de móbil, no que se anuncia "diversión asegurada". |