Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Redondela
O grupo que dirixe Francisca Canal, fai especial fincapé na parroquia de Chapela, o considerar que "quedou abandoada e esquecida"

O grupo popular de Redondela fai un balance negativo do primeiro ano de lexislatura

por Jorge Castro - 25/06/2008
Francisca Canal e Alberto Pazos, na pista da Xunqueira. REMITIDA.

O grupo popular de Redondela, que dirixe Francisca Canal, fixo un balance moi severo do primeiro ano de lexislatura do goberno bipartito en Redondela, centrándose, fundamentalmente, na parroquia de Chapela, que segundo o grupo popular "quedou totalmente abandoada e esquecida polo equipo de goberno", xa que as promesas electorais no foron cumpridas.

As carencias fundamentais da parroquia descritas polo PP son os problemas da praia de Arealonga que "non conta con baños públicos, nin duchas nin prazas de aparcadoiro", ou do centro cultural do municipio, que "ten un pésimo servizo de limpeza e de alumeado e atópase nun preocupante mal estado de conservación. No aspecto social, tamén se quixo parar o grupo municipal do PP, xa que "non existe o tan prometido spa, nin hay escola infantil, nin oficina municipal, nin tampouco cuartel da policía local".

O grupo popular non se esqueceu nas súas críticas, do resto de parroquias de Redondela, realizando unha ampla serie de queixas, deficiencias e problemas, como son "a falla de Plan Xeral, o endebedamento, as escasas infraestructuras deportivas, o caos no tráfico, a desorde urbanística" nos elementos de infraestructuras, ademáis de queixarse do mal estado das instalacións deportivas existentes.

Movemento veciñal e oposición

O grupo encabezado por Francisca Canal, lamenta de que "teñan que ser ser as agrupacións veciñais as que tomen a iniciativa para desenrolar actividades adoitando un rol que non lles corresponde, xa que ten que ser o Concello o que asuma esa responsabilidade". Os populares aseguran que o goberno intenta silenciar a oposición, "como demostrou recentemente coa modificación do regulamento orgánico na que se limitan as intervencións no pleno da corporación", consituíndo un xesto que pon de manifesto "a falla de respecto do alcalde, Xaime Rei, ós redondeláns".

    
Sobre este artículo
4.5 / 5 (11 Votos)
El Tiempo
El Tiempo en Redondela- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 70 votos
¿Cree que Vigo es una ciudad ruidosa?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com