Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Redondela
A festa popular estivo condicionada pola néboa que oscureceu a noite, aínda que a temperatura agradable propiciou unha ampla participación na celeb

Medio centenar de persoas ascenderon A Peneda co seu facho

por Jorge Castro - 23/06/2008
Fogueira realizada no cumio de A Peneda.

"Díxolle Napoleón Bonaparte ás tropas desprazadas na súa campaña exipcia que, dendo o alto das pirámides, corenta séculos da historia os estaban a contemplar"... Así comezou a invocación realizada na Festa dos Fachos, a noite do pasado sábado, para continuar afirmando que "no Alto de A Peneda ben poderíamos rirnos daquela arenga, porque a histoira que aquí nos contempla remóntase á altura insondable da idade de pedra e a cultura castrexa".

Este comezo, probablemente sexa un dos máis apropiados para presentar a montaña cónica de A Peneda, que nunha nova edición, e xa son XI as realizadas, anticipouse San Xóan para rendir culto os espíritus e realizar a escalada o monte cun facho que daba luz a noite. O ritual acudiron máis de medio centenar de persoas, que se viron envoltas por unha néboa espesa que oscureceu a noite, tinguindo o ambiente dunha escuridade especial.

A invocacción realizou unha proclama en favor de A Peneda, dende o realce da súa historia, recordando batallas irmandiñas e capelas históricas, ata os perigos que pesan sobre ela na actualidade, perigo, en forma da alternativa número 5 da autovía de Conexión da A-57 con Peinador, que pasará pola parte baixa do monte, onde está previsto que se destine unha zona como depósito de terras sobrantes.

A néboa marcou a noite, facendo un pouco máis misteriosa e oscura a xornada, e envolvendo as fogueira dunha luz especial, fogueira para espantar espíritus e sacar os males fóra do corpo. A esta labor tamén contribuíu a queimada purificadora, que acompañada de rosquillas puideron beber os presentes, que desta forma alegraron un pouco o corpo. Aínda que anteriormente unha peza de títeres, realizada polos membros da Plataforma en contra da autovía, tamén provocou máis dunha risotada.

A música tamén tivo o seu protagonismo para rematar a festa, que se extendeu ata pasadas as tres da mañá, mentres, pouco a pouco, se iban rematando as rosquillas e os múltiples litros de queimada, nunha noite de sábado na que a néboa fixo especial o regreso, para o que moitos dos asistentes tiveron que voltar a prendelo facho, xa que as nubes procedentes do mar cubrían a ladeira da montaña reducindo o máximo a visibilidade.

    
Sobre este artículo
3.5 / 5 (3 Votos)
El Tiempo
El Tiempo en Redondela- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 50 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com