Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Redondela
O concelleiro responsable, Eduardo Reguera, ten a intención de que os novos axentes inicien a súa actividade o vindeiro mes de xullo. Na actualidade

O concello de Redondela contratará a dous policías para a temporada de verán

por Jorge Castro - 19/06/2008
Cuartel da Policía Local. J.C.

O concello de Redondela ampliará a plantilla da Policía Local en dous membros para a tempada de verán, concretamente serán contratados dous axentes por un período de catro meses, segundo explicou o concelleiro responsable da Policía Local, Eduardo Reguera, que asegurou que espera que "comecen a prestar o servizo o vindeiro mes de xullo".

O concello tamén ten previsto aumentar nun membro máis as prazas de policías do concello de Redondela, xa que se está tramitando unha nova incorporación, que encontrou diversas dificultades porque o longo do pasado ano modificouse a lexislación, polo que a oferta de contratación tense que adaptar os novos requerimentos legais. Reguera prevé que esta cuestión se resolva "antes de finais de ano".

A actual plantilla da Policía Local de Redondela está integrada por 28 membros, que se ven reducidos a 26 por diversas circunstacias especiais de dous axentes. Dos 26 membros activos, sete están de baixa, o que limita de forma considerable a capacidade dos axentes municipais, que teñen tres turnos o longo do día en atención continuada. O concelleiro, Eduardo Reguera, asegura que "o alto número de baixas non se debe a ningunha causa especial", e que "a pesar de que o número é moi alto descoñecesmo os motivos", sendo as baixas de "diversa duración e características".

Baixa delincuencia

En resposta as críticas da semana pasada, Reguera asegurou que o concello de Redondela ten o índice de delincuencia máis baixo de Galicia entre os concellos de máis de 20.000 habitantes, sen embargo, recoñeceu que "polas características do concello e pola súa dispersión a plantilla é un pouco escasa". En canto as pintadas e roturas de papeleiras o concelleiro responsable da Policía Local asegurou que "é máis un problema de educación que de vixiancia", xa que "é unha problemática existente en tódolos lugares".

    
Sobre este artículo
5 / 5 (1 Votos)
El Tiempo
El Tiempo en Redondela- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 47 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Piscina Municipal de Ponteareas
Powered by: PHPCow.com