|
|
O grupo popular asegura que se poden encontrar multitude de cristais, pedras e bolas de grasa o longo do areal de ChapelaO PP protesta polo mal estado da praia de Arealonga |
|
|
| por Jorge Castro - 17/06/2008 | | |  | | | | | Praia de Arealonga en Chapela. J.C. | | | |
O grupo popular de Redondela manifestou nun comunicado de prensa a súa preocupación polo estado da praia de Arealonga en Chapela o considerar que se "atopa en malas condicións para a chegada do bó tempo", sendo especialmente preocupantes os cristais depósitados na area. Por este motivo, o grupo dirixido por Francisca Canal solicita o goberno municipal que reforce os traballos de limpeza da praia.
O grupo popular mostrouse preocupado por tres aspectos concretos ocurridos en Arealonga, o primeiro deles "a presenza dun gran número de pedras na beira" que dificulta o acceso ao mar. Sendo este un problema que se mantén dende o pasado ano. O segundo aspecto no que reparou o PP redondelán é "a existencia dunha capa con aparencia de graxa que cubría a lámina de auga" o que provocaba que "os nenos saían da auga manchados dunha sustancia negra e pegañenta".
O terceiro punto no que incidiu o grupo dirixido por Francisca Canal en Redondela é a presenza de numerosos cristais no areal da praia, "algúns deles moi cortantes, impedíndolles (os nenos) correr e xogar pola area con seguridade". Deste xeito, "algúns pais optaron por non deixar que os nenos percorresen a beira descalzos para evitar que se cortasen cos bordos afiados dos cristais, xa que unha persoa tivo que ser trasladada ó hospital por un corte".
Medidas de limpeza
O grupo popular constatou que se realizaron diversas actividade de limpeza en Arealonga, pero aseguran que "as condicións do areal demostran que son insuficientes", xa que esta limpeza non foi quen de "eliminar a multitude de obxectos punzantes e perigosos para a saúde dos usuarios que se depositan na area". Por este motivo solicitan o goberno municipal "que reforce os traballos de limpeza, adecuándoos ás características dos residuos que chegan a estas praias, en garantía de que están libre de obxectos que poidan causar danos, cortes ou infeccións". |
|
|
|
| | El Tiempo | |  | |
|
|
|
Encuesta |
|
|
Hay un total de 50 votos ¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?
|
|
|
|
|