Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Redondela
O viño servido nestes establecementos terá que proceder de barril, o locais deberá poseer iluminación e ventilación natural, ademais de prohibirs

A Xunta publicou o decreto que regula a actividade dos furanchos

por Jorge Castro - 18/06/2008

A Xunta de Galicia publicou a semana pasada o decreto que regulará o funcionamento dos furanchos, tras os debates surxidos meses atrás, coa oposición dos xestores destes establecementos rurais. A normativa entrará en vigor no prazo de 20 días e afectará os casi 40 furanchos existentes no concello de Redondela dentro da Asociación de Furancheiros. Esta asociación conxuntamenteo coa galería Campo das Redes acercará este ano o arte a estes novos establecementos coa campaña Afurancharte.

Este decreto ten como obxeto fundamental a regulación dos denominados furanchos, como establecementos turísticos que deben cumprir uns determinados requisitos. Unha das principais novidades será a consecución dun permiso de apertura que terá que ser solicitado nas delegacións provinciais da consellería de turismo e na que se deberá indicar o período de apertura.

Un dos puntos máis polémicos é a necesidade de que os furanchos suscriban un seguro de responsabilidade civil por valor de 90.000 euros, cun máximo de 120 euros con franquicia, necesario para poder acadar a licencia de apertura. Outros requisitos necesarios son a presentación da "documentación acreditativa de ter declaradas as viñas no rexistro vitivinícola da consellería competente en materia de agricultura", a "documentación acreditativa de ter feito a preceptiva declaración de produción anual á consellería competente en materia de agricultura".

En canto os alimentos servidos nos distintos furanchos deberán ser etiquetados de manera previa, e non ser cociñados nos propios establecementos, polo que non se poderán servir os alimentos procedentes dos cultivos propios, como por exemplo as patacas. En canto o viño deberá ser de barril e no se poderán servir licores procedentes de botella. En canto o local deberá ter iluminación e ventilación natural.

Afurancharte

A galería Campo das Redes en colaboración coa Asociación de Furancheiros de Redondela e o propio concello, acercará o longo de este verán o arte os distintos furanchos do municipio, a través da iniciativa Afurancharte. Esta iniciativa consiste "nun feito cultural sen precedentes, no que se xuntan tradición e folklore coas máis novas correntes plásticas" segundo explicaron dende Campo das Redes. Durante os meses de xuño, xullo e agosto, nos furanchos diseminados nas parroquias redondeláns, o visitante poderá desfrutar da presencia chocante e atractiva da pintura de varios creadores, que van dende a figuración, o informalismo ou a arte pop. Desta forma, adegas, eidos e galpóns semellarán salas de museos ou pinacotecas.

    
Sobre este artículo
3 / 5 (2 Votos)
El Tiempo
El Tiempo en Redondela- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 47 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com