|
|
Este órgano, que se deberÃa celebrar cada tres meses, leva sen ser convocado dende o ano 2006, a pesar das reiteradas peticións da AA.VV de ChapelaO vindeiro dÃa 19 vólvese a celebrar o consello parroquial de Chapela |
|
|
| por Jorge Castro - 15/06/2008 | | |
O consello parroquial de Chapela voltará a celebrarse o vindeiro xoves, 19 de xuño, tras pasar dous anos en suspenso, xa que non se celebra dende o 2006. Os consello parroquias son un órgano de debate entre os representates municipais e os estamentos veciñais, culturais e deportivos das distintas parroquias. No caso de Chapela, a periodidade das reunións estaba estipulada en tres meses.
Segundo explicou a presidenta da Asociación de Veciños de Chapela, Ánxela Méndez, volvese a convocar este órgano tras as reiteradas peticións realizadas pola súa asociación a concellería de Participación Cidadá, responsable da celebración de estes consellos. Dende finais do 2006 non se convocou ningunha reunión, e xa nos últimos meses a periocidade era variable, a pesares de debería de celebrarse de forma trimestral.
A presidenta dos veciños de Chapela explicou que no consello desta parroquia tiveron numerosos problemas co presidente, Emilio Gónzalez, concelleiro e voceiro do Partido Socialista, e que como consecuencia "pedimos que se marchara do consello" e por este motivo "empezou a convocar as reunións cando quería". Dende a AA.VV. de Chapela laméntanse que "Emilio continúe presidino o organismo", a causa "da súa cabezonería".
O consello parroquia de Chapela está composto por un concelleiro de cada grupo político con representación no concello de Redondela, por un membro de cada agrupación deportiva e cultural da parroquia e por tres membros da asociación veciñal. Entre os temas que teñen pensado plantexar dende a asociación de veciños son os problemas de seguridade na parroquia, o arranxo de diversos camiños que estaban comprometidos dende o ano 2006 ou a conservación do entorno do río Fondón. |
|
|
|
| | El Tiempo | |  | |
|
|
|
Encuesta |
|
|
Hay un total de 70 votos ¿Cree que Vigo es una ciudad ruidosa?
|
|
|
|
|