|  | | | | | A AER pon de manifesto "o deterioro" da parroquia de Chapela. | | | |
A Asociación de Empresarios de Redondela (AER) quixo poñer de manifesto o estado de abandono que sufren diversas zonas da parroquia de Chapela, en concreto, o barrio da Igrexa e a zona da Avenida de Redondela. Desta forma, únense as protestas realizadas meses atrás pola asociación de veciños da localidade a ratificadas onte por parte da súa presidenta, Ánxela Méndez.
O colectivo de empresarios, conxuntamente con diversos establecementos comercias e hosteleiros de Chapela, "queren mostrar o seu malestar ante a situación de deterioro e abandono que esta a sufrir a parroquia". En concreto a AER, refírese o barrio da Igrexia e na zona da Avenida de Redondela.
Os distintos deterioros enumerados polo colectivo empresarial no comunicado de prensa son "o incremento de pintadas, actos vandálicos e roubos que se están a sufrir tanto en bens públicos coma privados" e que motivan danos económicos, que superan xa os 60.000 euros, os que é necesario engadir un gran impacto visual e degradación da parroquia. O colectivo empresarial fai tamén especial fincapé nas diferentes puntadas aparecidas en varios edificios da parroquia.
O AER quere mostrar o apoio os diversos establecementos de Chapela mediante o respaldo a súa solicitude "un incremento do número de axentes da Policía Local vixiando a zona, así como a identificación dos individuos que realizan pintadas e actos vandálicos na parroquia". Entre as distintas revindicacións o colectivo empresaria insta a alcaldía a pesentar "un informe dos incidentes ocorridos ao Subdelegado do Goberno, para que a Policía Nacional teña coñecemento do asunto e poida realizar labores de vixilancia".
Veciños de Chapela
Dende a AA.VV. de Chapela, a súa presidenta, Ánxela Méndez, ratifica as afirmación da AER, asegurando que na parroquia prodúcense "numerosos actos vandálicos", matizando que "os roubos descenderon nos últimos tempos" tras o incremento sufrido a finais do ano 2007. O colectivo veciñal, xa solicitou unha maior presencia policial ó concello, "pero recibimos a respostas de que a policía é a que hai para todo municipio, e que se trata dun concello de considerables dimensións" explicou Ánxela Méndez. A presidenta dos veciños de Chapela tamén quixo facer fincapé no "pouco civismo" das persoas que realizan as diversas accións de vandalismo. |