Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Redondela
A Asociación de Veciños de Chapela organiza unha marcha polo entorno do río Fondón 04/07/2008 A Asociación de Veciños de Chapela organiza unha marcha polo entorno do río Fondón

A AA.VV de Chapela organiza este fin de semana unha marcha polo entorno do Río Fondón que dará comezo as 10.30 da mañá nas inmedacións do local da Asociación de Veciños, situada na barrio da Igrexa 65, a poucos metros do pavillón de deportes da localidade. Trátase da terceira marcha polo río organizada por esta asociación, que na pasada edición serviu para a realización dun certame fotográfico.

03/07/2008 O concello de Redondela paraliza a actividade de JCA Hormigones

O concello de Redondela veuse obrigado a paralizar a actividade da empresa JCH Hormigones, situada no barrio de Vilar de Infesta, tras a resolución do Consello Consultivo de Galicia, que obriga a retomar o preceso de outorgamento de licencia de apertura, tras declarar a "nulidade da licenza de apertura outorgada polo Concello de Redondela á empresa H., SL (JCA Hormigones), en data 21.12.1998".

O plan de A Marisma recibe a aprobación dos fondos Feder nun 70% 02/07/2008 O plan de A Marisma recibe a aprobación dos fondos Feder nun 70%

O proxecto de A Marisma foi aprobado para recibir os fondos da unión europea FEDER, ata nun 70% do orzamento solicitado, o que equivale a 2,1 millóns de euros, dos 3 millóns que lle solicitaba o concello de Redondela ó Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER). O montante total do proxecto ascendía a 4,3 millóns de euros, dos que 1,3 millóns serían aportados por Redondela.

O grupo popular de Redondela solicita a reparación das fontes de Uñica en Chapela e A Barreira en Reboreda 01/07/2008 O grupo popular de Redondela solicita a reparación das fontes de Uñica en Chapela e A Barreira en Reboreda

O grupo popular de Redondela, puxo de manifesto o estado de deterioro no que se encontran as fontes da "Progresiva", tamén coñecida como fonte de "Uñica" situada en Chapela no barrio de Laredo e a fonte pública de A Barreira, situada na parroquia de Reboreda no barrio de Santo Paio de Arriba. Os populares queren pedirlle o goberno municipal que proceda o arraxo destes dous elementos.

30/06/2008 A Xunta concede a Autorización Ambiental Intregrada a AUCOSA

A consellería de Medio Ambiente concedeu a Autorización Ambiental Integrada a empresa Aucosa dedicada a fabricación de fariñas e aceite de peixe e que está situada na localidade de Cabanas, dentro da parroquia de San Vicente de Trasmañó. A Xunta decidiu dar a autorización por un período de 5 anos, a pesar da oposición veciñal e do concello de Redondela.

Otras noticias
29/06/2008 Redondela celebra hoxe a 'Chocolimpida'
Redondela celebra hoxe a 'Chocolimpida'

O número de prazas para participar na “Chocolimpiada”, xornada cultural e deportiva que se desenvolve durante toda a xornada de hoxe domingo polas rúas de Redondela, na Illa de San Simón e a na Praia de Cesantes está xa cuberto, a excepción da carreira...

27/06/2008 O pavillón de Redondela acollerá o vindeiro domingo un campeonato de taekwondo
O pavillón de Redondela acollerá o vindeiro domingo un campeonato de taekwondo

O Pavillón Municipal de Redondela acollerá o vindeiro domingo, día 29, o “I Hipotrofeo Vila de Redondela de Taekwondo” organizado pola Asociación Deportiva Do Yang en colaboración coa concellería de Deportes, dirixida por Carlos González Fernández.

27/06/2008 Xesús Ferro Ruibal, Manuel Pereira Costa e o concello de Vilar de Santos reciben os premios Lois Peña Novo do ano 2008
Xesús Ferro Ruibal, Manuel Pereira Costa e o concello de Vilar de Santos reciben os premios Lois Peña Novo do ano 2008

Os premios Lois Peña Novo correspondentes o ano 2008 recaeron no académico galego Xesus Ferro Ruibal, no xuíz Manuel Pereira Costa, titular do xuzgado ocupado dos asuntos de violencia sobre as mulleres, e o concello ourensán de Vilar de Santos. No acto...

26/06/2008 Isaac Fernández con “Château Bobcat” é o gañador do certame de relato 'Os viaductos' do 2008

A obra “Château Bobcat”, do santiagués Isaac Fernández Fernández, resultou gañadora do “IX Certame de relatos Curtos Os Viaductos”, convocado pola concellería de Xuventude, dirixida por Isabel Castro Piedras. O segundo premio foi para José Ignacio Silva...

26/06/2008 O pleno de Redondela aproba a modificación do regulamento de recollida de residuos sólidos
O pleno de Redondela aproba a modificación do regulamento de recollida de residuos sólidos

O pleno do concello de Redondela deu luz verde ó cambio da Ordenanza Municipal reguladora da Xestión e tratamentos de Residuos Sólidos Urbanos, Limpeza de Espazos Públicos e Salubridade, mediante a cal se establece a obrigatoriedade de facer a recollida...


    
El Tiempo
El Tiempo en Redondela- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 24 votos
¿Cree que la crisis se dejará sentir en las rebajas de verano?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com